Unha exposición para coñecer a vida e loita de Concepción Arenal

A USC acolle unha homenaxe á pensadora que fai fincapé no contexto histórico para poder comprender a importancia da súa loita.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2020 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

Homenaxe no seu bicentenario. O santiagués Colexio de Fonseca acolle, dende este xoves, unha exposición dedicada á pensadora ferrolá Concepción Arenal. Segundo destacan dende a Universidade, a mostra concíbese como parte dunha homenaxe no ano en que se cumpren dous séculos do seu nacemento.

Concepción Arenal.. CONCELLO DE MADRID
Concepción Arenal.. CONCELLO DE MADRID

A exposición -organizada dende a Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Servizos e comisariada pola catedrática de Dereito Civil, María Paz García Rubio, e o director da Biblioteca Concepción Arenal, Francisco Méndez García- estará dispoñible dende o pasado xoves ata o 7 de novembro. Entre estas datas, os interesados poderán acceder, de balde, a unha extensa "mostra libraria e documental" da autora.

O obxectivo desta colección bibliográfica, destacan dende da USC, non é mostrar tan só a vida e obra de Concepción Arenal, senón reflectir o "ambiente histórico no que viviu", un elemento clave para comprender a importancia da súa loita e a pegada do seu legado. A exposición, desenvolta "grazas ao traballo de moitos membros da comunidade universitaria", concíbese como "un xesto de xustiza" -en palabras do reitor, Antonio López- para unha muller que "tivo que vestir de home para poder acceder ás aulas universitarias", lembrou.

A EXPOSICIÓN

Para lograr unha visión "máis completa" da figura de Arenal, a mostra recolle obxectos "de interese histórico" que serven para encadrar "o contexto social e cultural" que lle tocou vivir. Neste aspecto destacan os retratos e gravados "que mostran a algúns dos personaxes máis importantes da época", moitos dos cale tiveon relación directa con ela. A Exposición desenvolverase dende o 24 de setembro ao 7 de novembro, na Sala de Exposicións do Colexio de Fonseca e poderá ser visitada de luns a sábado de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta