Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2020 | Actualizada ás 19:52
A morte de dúas mulleres no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA), aínda que procedentes ambas as da residencia de Outeiro de Rei, eleva a 729 o total de vítimas mortais da pandemia de coronavirus en Galicia.
Segundo informan fontes sanitarias, trátase de dúas mulleres, de 92 e 85 anos de idade que foran diagnosticadas con coronavirus, pero presentaban patoloxías previas.
A residencia de maiores DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei, foi intervida pola Xunta o pasado 8 de setembro ante o gran número de infectados que presentaba entre os seus usuarios e traballadores. Procedentes desta residencia faleceran ata agora polo menos 16 persoas, máis as dúas dadas a coñecer a xornada deste sábado.
Con estas últimas mortes --as únicas comunicadas este sábado--, a cifra de falecidos vinculados á pandemia desde o seu inicio na Comunidade ascende a 729 e, desde o comezo da 'nova normalidade', son xa 108. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto.
Antes diso, a Comunidade encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus. O mércores da pasada semana, Galicia superaba a barreira dos 700 falecidos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.