Morre un home e un menor resulta ferido nun accidente en Beade

O vehículo no que viaxaban saíu da vía e precipitouse por un desnivel.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 28/09/2020 | Actualizada ás 09:57

Comparte esta noticia

Un home faleceu e un menor resultou ferido na tarde deste domingo pasado tras sufrir unha saída de vía co vehículo que viaxaban cando circulaban pola OU-212, estrada que une as localidades de Beade e Beariz, á altura do primeiro municipio ourensán.

Segundo informou o 112 Galicia, tivo constancia dos feitos tras recibir unha chamada dunha persoa particular ás 19,30 horas deste domingo. Segundo os datos da testemuña do sinistro, o coche saíu da vía e precipitouse por un terraplén, o que dificultou o acceso aos ocupantes do vehículo.

Por iso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Carballiño e dos membros do GES de Ribadavia.

Unha vez no punto, os equipos de emerxencia confirmaron ao 112 que as persoas se atopaban liberadas pero, desafortunadamente, debido á gravidade das lesións sufridas, unha delas falecera. O outro ocupante, un menor, foi atendido polo equipo de urxencias sanitarias e evacuado en ambulancia ata un centro hospitalario.

En concreto, o 061 enviou ao lugar un helicóptero medicalizado, unha ambulancia de soporte vital básico e persoal sanitario da PAC de Ribadavia para atender ás dúas persoas. O home L.G.D., de 43 anos, faleceu no lugar e o menor de idade foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Accidente
Accidente | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta