Os galegos escolleron quedar en Galicia durante a desescalada

Sitúanse entre os menos viaxeiros, con 136 viaxes por cada 1.000 habitantes, só por detrás dos estremeños.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/09/2020 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

Galicia situouse no segundo trimestre do ano entre as principais comunidades autónomas de destino das viaxes de residentes, co 4,6% do total, por detrás de Andalucía (21,9%), Cataluña (14%), Comunitat Valenciana (10,8%), Castela e León (7,8%), Castela-A Mancha (7%) e Madrid (5,3%).

Segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE), se se relacionan as viaxes internas coa poboación de destino, o fenómeno viaxeiro ten máis intensidade en Castela e León (con 302 viaxes por cada 1.000 habitantes), Castela-A Mancha (292) e Comunidade Foral de Navarra (288).

Mentres, no país galego a intensidade é de 150 viaxes por cada 1.000 habitantes e a duración media das pernoctacións, de 8,3 días. Ademais, as viaxes realizadas polos residentes en Andalucía supoñen o 20,6% do total no segundo trimestre. Por detrás sitúanse Cataluña (14,5% do total) e Comunidade de Madrid (12,7%). Galicia queda no 4,2%.

Eliminando o efecto do tamaño de cada comunidade, os máis viaxeiros son os residentes en Principado de Asturias (267 viaxes por cada 1.000 habitantes), Comunidade Foral de Navarra (255) e A Rioxa (227). Pola contra, os menos viaxeiros son os residentes en Estremadura (119 viaxes por cada 1.000 habitantes), Galicia (136) e Illes Balears (154).

DATOS ESTATAIS

Os residentes en España realizaron 9 millóns de viaxes no segundo trimestre do ano, marcado polo confinamento decretado no estado de alarma, o que supón un descenso do 82,1% respecto ao mesmo período de 2019. Nestas viaxes, os españois gastaron un 89% menos, ata 1.261 millóns de euros, segundo os datos da Enquisa de Turismo de Residentes.

Un veciño de Sanxenxo subido nun tractor agrícola fumiga a principal localidade turística galega, á que moita xente de fóra trasladouse nun primeiro momento.. Beatriz Ciscar - Europa Press - Arquivo
Un veciño de Sanxenxo subido nun tractor agrícola fumiga a principal localidade turística galega, á que moita xente de fóra trasladouse nun primeiro momento.. Beatriz Ciscar - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta