O Colexio Médico da Coruña rexeita que extracomunitarios exerzan especialidades sen titulación

Defende que hai "outras vías para cubrir este tipo de situacións".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/09/2020 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia



O Colexio de Médicos da Coruña mostrou o seu rexeitamento ao Real Decreto Lei de Medidas Urxentes de Recursos Humanos no Sistema Nacional de Saúde para combater a Covid-19.

Nun comunicado, manifesta a súa "preocupación e inquietude" pola modificación da Lei Orgánica de Ordenación das Profesións Sanitarias, "que permite aos médicos extracomunitarios o exercicio dunha especialidade para a que non dispoñen da correspondente titulación".

Respecto diso, defende que hai "outras vías para cubrir este tipo de situacións". "Como pode ser a contratación dos 7.100 graduados en Medicina nas facultades españolas que se atopan en disposición de realizar aquelas tarefas encomendadas que non sexan estritamente competencia de especialistas".

Por outra banda, afirma que o Colexio de Médicos da Coruña, "do mesmo xeito que o resto dos de España, estará especialmente vixiante para garantir que estes profesionais reúnan as condicións idóneas".

Así mesmo, "esixe un comité de control co fin de garantir a mellor asistencia e seguridade clínica dos pacientes", á vez que lamenta "a falta de contacto das administracións cos representantes dos profesionais médicos, que, en todo momento, ofreceron a súa colaboración para buscar solucións conjuntasa os problemas aos que deben facer fronte os facultativos".

Complexo Universitario da Coruña / Sergas Hospital da Coruña, CHUAC A Coruña / Sergas
Complexo Universitario da Coruña / Sergas Hospital da Coruña, CHUAC A Coruña / Sergas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta