Admitidas 832 persoas no proceso de selección de 73 prazas policías locais para concellos

Presentaranse 958 persoas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2020 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

Un total de 832 persoas foron admitidas para optar a 73 prazas no proceso selectivo unitario para a Policía Local en diversos concellos galegos, segundo a relación provisional de persoas admitidas e excluídas que publica este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Diso informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, no que explica que, en total presentáronse 958 persoas, das que 832 foron admitidas e 126 excluídas por non haber acreditado diversa documentación.

O departamento autonómico sinalou que xa son máis de 80 os concellos galegos que teñen delegadas as competencias na selección dos seus auxiliares e policías locais na Xunta. As prazas asignadas desde que empezaron os procesos de selección na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) elévanse a 250.

Con data do 10 de xullo de 2020, o Diario Oficial de Galicia (DOG) fixo pública a convocatoria deste proceso de selección. A lista provisional de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da AGASP http://agasp.xunta.gal.

Coche da Policía Local de Tui.. CONCELLO DE TUI
Coche da Policía Local de Tui.. CONCELLO DE TUI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta