Novos contaxios entre persoal dun hospital: detectados polo menos tres positivos en Montecelo

Fontes sindicais xa falan de catro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2020 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

O Hospital Montecelo, en Pontevedra, detectou nos últimos días un gromo con polo menos tres positivos por coronavirus entre o persoal do servizo de Urxencias.

Segundo informan a Europa Press fontes da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, hai confirmados tres contaxios de COVID entre médicos que se produciron "fóra do hospital", tal e como subliñan.

Polo momento, "non hai plantas en corentena nin máis afectación", sinala a área sanitaria, que tamén asegura que se efectuarán cribados preventivos na mesma unidade. Con todo, fontes sindicais consultadas por Europa Press engaden un cuarto caso positivo en Urxencias do Montecelo, concretamente o dun técnico en coidados auxiliares de enfermaría (TCAE) detectado a raíz do cribado realizado no persoal.

A semana que vén, indican estas mesmas fontes, repetiranse as probas PCR neste servizo "por protocolo".

Reactivada a unidade de reanimació do Hospital Montecelo
Reactivada a unidade de reanimació do Hospital Montecelo | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta