"Por que La Toja cando é A Toxa?"

Representantes da Mesa protestan na ponte da Illa en repulsa pola deturpación do topónimo no foro político e económico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2020 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

Unha representación da Mesa pola Normalización Lingüística protagonizou unha protesta na entreda da ponte da Illa en respulsa pola deturpación do topónimo de 'A Toxa' durante o foro político económico celebrado na zona durante este fin de semana.

A responsable da asociación en Pontevedra-O Salnés, Sabela Bará, censurou o "insulto" que supón que destacado dirixentes políticos como o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, o da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subscriban e participen e un evento que fai ostentación do desprezo aos nomes de lugares de Galicia e que "incumpre a lexislación" que sinala que "a única forma oficial e lexítima" é a galega.

"É vergoñoso que 34 anos despois da aprobación da Lei que recoñece a oficialidade única dos topónimos galegos aínda teñamos que mobilizarnos para reclamar o seu cumprimento, pero aínda dá máis vergoña que os responsables políticos que deben garantir un mínimo pola dignidade de Galicia participen disto", insistiu.

Protesta da Mesa na Toxa. A MESA
Protesta da Mesa na Toxa. A MESA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

5 xansanroque

A liberdade de expresión permite menosprezar aos pretos, ás mulleres ou aos homosexuais? Non, en ningún caso, nin se publicarían comentarios que atacasen estes colectivos! Logo, por que se fai de xeito reiterado neste medio contra o galego? Con seguridade, con tanta repetición, en NINGÚN outro medio editado en terras galegas, escrito en galego ou en castelán, non hai tal insistencia en atizar cun odio racial contra a cultura galega. Se tivesen memoria histórica lembrarían represalidados, exiliados e até asasinados polos pais ideolóxicos da criatura que aquí amamantades en nome da liberdade de expresión. Eu non podo asegurar que sexa da casa, lembro que o lera con anterioridade, só que cheira mal e comeza a dar náuseas.

1 Gamela

Ningún outro medio galego representa con tanta fidelidade as opinións diversas que existen en Galicia ! Uns porque practican a censura previa mediante "muros de pago" e mesmo dirixen aos seus lectores para que comenten na dirección política do editor, e outros porque sinxelamente son tan sectarios na súa concepción do que debera ser a liberdade de expresión que ninguén se atreve a comentar fóra do Rego ! Se "Terra e Tempo" é o teu modelo xa sabes onde podes comentar (?) En GC afortunadamente todos podemos abrir a boca e razoar as nosas posicións sen que nos corten a cabeza ! (ao mellor ese é o modelo que tí defendes?) Saúde e Boa Fortuna !

2 xansanroque

Gamela, coñécesme de algo? Que os teus demos particulares sexan o Rego, Terra e Tempo... teño eu, comentarista moi ocasional neste medio, algo de responsabilidade? Pódesme acusar tamén de ser do Opus Dei, masón, bolivariano...Ou pretendes disparar ao vento, nun comportamento pobre e cunha patoloxía raiana na posible obsesión enfermiza, para xustificar un colega espallador do odio racial? Igual a túa percepción é ben subxectiva. O teu modelo esquece cando ti propio pides censura aquí mesmo, como aturamos as ideas conspiranoicas que difundes, as complicidades con Gloria Lago, ou as autorrespostas para completar o teu ego. A liberdade e as razóns que deben debaterse en público, se cadra, son outra cousa cando ofendes a terceiros con argumentos racistas.

3 Gamela

Pois te ofende o meu comentario pídoche disculpas (sinceiramente) ! Como parecías defender a mesma tese de outro comentarista que acusa a GC de infiltrar topos para provocar á audiencia (?) Ese era o sentido do meu comentario ! Efectivamente non te coñezo de nada nin sería preciso para dicir o que penso que debo dicir ! O do "odio racial" non o vexo por ningures e eu son galego coma tí (?) Concordarás conmigo que cada vez que se fala da lingua galega sempre temos a mesma liorta (non si) ? Aquí tes outra opnión sobre o mesmo tema : https://twitter.com/00Gamela/status... Non é obrigatorio ler tódolos meus comentarios !

4 Xabrega

O nostrus quere gañar nas redes o que nunca conseguirá nas urnas: que Cs teña votos... XD É un "facédeme casiño" de libro. Podería montar unha microsecta ca Glory Lake e o alcalde de Ourense e farían un bo combo pra levar ó Luar de teloneiros da Pantoja...

1 Sentidiño

De acordo en case que todo, pero... un respecto á Pantoja!

2 Sentidiño

PanTOXA?

3 nostrus

Cuando A Toxa non era oficial os nacionalistas reivindicaban que o fora e agora que La Toja non o é tamén podemos reivindicar que o volva ser, sin que deixe de selo tamén A Toxa. En España, os topónimos españoles é normal que sexan oficiais en español sin que teñamos que estar sometidos ao catecismo nazioso que só lle deben devoción os naziosos. A Constitucion dice que o castelan (español) é a lingua oficial do estado sin contemplar ningunha excepción. Ao mundiño nacionaloide non lle fagamos caso que só pensan neles e nas suas burradas, son totalitarios e intolerantes e pretenden evanxelizarnos na sua doutrina si nos deixamos. En Galicia, bilingüismo.

1 Antón

Sempre sementando niste medio, destinado a cidadáns galegos, que desprezas, consciente e profesionalmente -algo entrará por traballar de troll insultador-. A elegancia e incontestabilidade do teu pensamento e verbo divino, sempre me perturba, e chego a dubidar da miña identidade, formación e principios. A Historia fará xustiza e o "estado de desecho" alcanzará o premio do seu destino final.

2 nostrus

Antòn, yo no se que acababas de ingerir para sentirte tan iluminado para escribir este comentario, pero decirte que ya me gustaria que me pagaran por escribir en GC para asi tener doble gratificacion sumada a la diversión de reirme de las ideas maniáticas de los separatistas. No, no desprecio a los ciudadanos gallegos porque, además de no despreciar a nadie, no tengo desprecio por mi mismo; eso dedícaselo a los gallegos que no se soportan por lo que son, por ser españoles. Lucho por una Galicia real e integradora para compensar el daño que le hace la fauna nacionalista. Y me divierto mucho a cuenta de ellos, que es para lo único positivo que valen.

3 Henrique Costas

Eu sospeito, pola dedicación, empeño e polo entusiasmo, que traballa na casa, como animador dos debates para gañar audiencia... Doutro xeito é difícil comprender que exista un lector tan obsesionado contra o galego, de comportamento tan miserable e tan ben tratado polo moderador. Unha vergoña á que se rebaixan determinados medios. Engado, feito seguimento, a estas alturas é unha sospeita xa moi compartida (e até aquí podo contar, proximamente haberá ampliación noutro foro, e que cada pao aguante a súa vela). Aburiño.

4 Antón

Eu son galego, e non me sinto español. Simplemente demando o respeito que como cidadán galego merezo. As túas palabras insultantes non fan máis que evidenciar que estás nunha posición supremacista e xenófoba. Cos antecedentes históricos, non son máis que a evidencia da imposibilidade e fracaso dese "estado de desecho", que non é máis que a cohartada dunha parte do seu corpo social. Non fai falla iluminarse con nada para velo. Quizais sí, non debera perder o tempo en disquisicións cun portador de "valores eternos" e unidade de destino no universal.

5 Antón

Ademáis, non entendes nada do que digo. Volve ler o primeiro comentario. Xa sei que non che paga GC. O de odiar aos galegos é máis dubidoso, pois habería que saber quen é galego para tí.

6 xurxosalgado

Estamado Herique Costas, que agardo que non sexas o Quique Costas que eu coñezo, porque de ser así, decepcionasme moito. Se algo me coñececes, ou coñeces a traxectoria deste medio, saberás que sempre se caracterizou por dar voz a todos, guste ou non, a liña editorial deste medio. Por iso, esa suxerencia que fas de que "esta casa" é a que está detrás de certos comentarios agardo que a retires porque, obviamente, non hai ningun argumento que a soporte. Xa temos nós moito traballo como para andar a escribir en canta noticia hai. Parece mentira que un tipo coma ti se rebaixe a facer esa acusación.

7 xurxosalgado

Quero lembrarte, querido Quique Costas, que cando nin Dios lle daba cobertura a Prolingua, este medio, publicaba canta nota lle chegaba desa plataforma, igual que facemos coa Mesa. E por que?, pois porque no noso ADN está a defensa do país, da súa cultura e da súa lingua. E iso non implica que teñamos que ser monocordes e censurar vilmente a quen non opine coma ti, ou coma min. Non fai falla que che lembre os votos que obtivo o PP, Ciudadanos ou Vox en Galicia nas últimas eleccións. Se queres visións monocordes tes medios españois e galegos que o fan cada día e, se te sintes máis cómodo nalgún destes medios, que teñen a túa visión moncorde do mundo, pois perfecto.

8 xurxosalgado

O que non che imos permitir é que veñas botar mer-da a esta "casa", como a ti a chamas, con mentiras e falsidades. E, como ves, non se censurou o teu comentario, igual que non se censuran outros porque, nos guste ou non, en Galicia tamén hai xente que pensa diferente a ti ou a min e, non é pouca. E, como saberás, en Galicia Confidencial pensamos que a liberdade de expresión é o máis valioso legado que temos nunha democracia, che guste a ti, aos nostrus da vida ou os fachas que campan polo país. E, precisamente, o xeito de combatir isto é con argumentos e con intelixencia, non con censura, porque entón estarás sendo igual que os que pretendes ocultar. Un saúdo

9 nostrus

Que haya paz entre vosotros, pero veo que los intolerantes y fasciosos sois los egoistas que primais una lengua por encima del bienestar y la libertad de las personas. No soy fascista como vosotros me llamais, sino todo lo contrario y en mi familia hubo media docena de personas que fueron victimas del franquismo, que aunque no llegaron a ajusticiar a ninguna, si que sufrieron bastante, desde mi abuelo y sus hermanos hasta mi padre y mis tias. Sería más de mi agrado debatir con vosotros personalmente para poder veros la cara y como os temblaban las piernas ante la excased de argumentos. Por mi parte os lanzo el guante.

10 nostrus

Antón, a ti dígoche que si non te sintes español sendoo tes un problema psiquiátrico, similar a si te sintes Superman, te sintes rico sin selo, sintes moito calor nuha noite de xeada, en fin, non diferencias entre a realidade e o que sintes, pero é un problema teu. A Henrique Costas dígolle que, si non fora porque me poden censurar o comentraio, diria de ti que es un calumniador, porque eu nunca amosei desprecio polo galego, lingua que mamei dos meus pais e na que me sinto moi cómodo, a pesar de que nunca a estudei porque nos meus tempos de estudante era como si non existira. ¿Por que vos autoproclamais únicos defensores do galego? . Por outra banda dime que gañaríamos os galegos si nos arrebatan calquera das nosas linguas. Ti fai o que che veña en gana, pero eu non quero convertir a Galicia nunha sociedade monolingüe ca que vos soñades e que nunca o conseguiríades. e non quero que haxa barreiras lingüisticas que nos perxudican a todos.

11 Españolistas dades noxo

Ti foches a vítima do franquismo máis grande nostrus, deixoute vivo pero parvo.

12 Antón

Non son español porque non quero selo, porque non me identifico cos paradigmas da españolidade. Se teño DNI é por imperativo da situación. A burocracia administrativa non ten que ver coa identidade. En canto a "excased" de argumentos, sabio excelentísimo, repasa o diccionario elemental de castelán. Non volverei a perder o tempo contigo. O que non entendo é como os moderadores do medio non te banean. Saúdos e molla a "excased". Saúdos.

2 Alienao

Porque nin quixemos conservar o primixenio nome da illa que é Louxo. La Toja é a marca dos xabróns. Típicamente colonial.

1 Xian do Sil

Como todo el mundo sabe este es el problema más importante de Galicia. Pero La Toja será siempre La Toja cuando se habla en español, como Nueva York, Londres o Moscú, también lo son.

1 Alienao

Por iso a lingua da Galiza é o español, claaaaro.

2 Xin piang del sil

Pailaaán

3 bgYA

E Sanxenxo será Sangenjo, non San Ginés. Paletos!