Dúas persoas evacuadas en Poio e Vigo por intoxicación de monóxido de carbono

Por E.P. | PONTEVEDRA | 05/10/2020 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

Dúas persoas foron evacuadas ao hospital na madrugada deste luns por intoxicación de monósido de carbono. Os feitos tiveron lugar en Vigo, por un lume, e en Poio, por mor dun xerador de corrente.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense

En Vigo, segundo informou o 112 Galicia, tivo constancia do incendio sobre as 3,00 horas deste luns a través da chamada de alerta do propio morador. Segundo o seu relato, o lume orixinouse no salón do domicilio e parecía estar apagado, pero solicitou a intervención dos servizos de emerxencia para comprobalo.persoa foi evacuada na madrugada deste luns en Poio despois de sufrir unha intoxicación por mor dunha acumulación de monóxido de carbono na súa vivenda.

En Poio, segundo ah informado o 112 Galicia, os bombeiros apuntaron a un xerador de corrente movido a gasolina almacenado no baixo do inmoble como posible causa da acumulación nociva de gas que provocou a indisposición. O incidente tivo lugar sobre as 4,45 horas na Rúa Coruxa, no lugar de Campelo, no concello pontevedrés de Poio. A esa hora, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 contactaron co 112 para informar o suceso e solicitar medios para comprobar o domicilio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta