Ferrín, o "neopiñeirismo", Compromiso por Galicia e a teoría da conspiración

Decir que Ferrín é un dos máis importantes escritores contemporáneos en lingua galega, é unha evidencia. O mesmo de evidente que resulta decir que o seu mandato á fronte da Real Academia Galega, tivo luces e tamén sombras.

Por X.M. Pérez Bouza | Ourense | 20/04/2013

Comparte esta noticia
Entre as luces, a súa defensa clara e contudente do noso idioma frente aos ataques do PP, entre as sombras, a súa falta de transparencia na xestión e súa política de contratacións, seguindo o manual do caciquismo galego máis clásico.
 
Dito isto, resulta sorprendente e difícil de entender a súa teoría da conspiración, tramada según el por académicos “neopiñeiristas”, apoiados fundamentalmente por Compromiso por Galicia, e contando coa complicidade do BNG. Unha teoría que eu estou seguro que nin el mesmo a cree, pero da que precisa dotarse para xustificar a súa dimisión, e alimentar a súa familia 
política.
 
E para demostrarlle a Ferrín que a súa teoría da conspiración ten pouco fundamento, quizá sexa bo lembrarlle que foi grazas a iniciativa dun senador do BNG, agora afiliado a Compromiso por Galicia, según el, un “neopiñeirista” máis, que lle da apoio aos “académicos conspiradores”, o que presentou, defendeu e conseguiu que se aprobara unha iniciativa no Senado, que fixo posible que se puxera fin a unha inxustiza histórica, e que por primeira vez no ano 2010 a Real Academia Galega contara con unha partida orzamentaria nos presupostos do Estado, en pé de igualdade coas intitucións vasca e catalana. 
 
Unha partida orzamentaria no entorno do 400.000 €, que Ferrín utilizou para cousas boas e para outras non tan boas ou cando menos pouco defendibles. Se ós que el define, non sei en base a que, como “neopiñeiristas” non consideráramos a Academia como unha institución fundamental para promover e defender a nosa lingua, e polo tanto a nosa identidade como Pobo, e non  
pensaramos daquela e seguimos pensando agora que Ferrín era un digno  Presidente, non teríamos presentado e defendido unha iniciativa que aportou uns recursos fundamentais tanto no 2011, como en anos sucesivos,  para afianzar a intitución e tamén ao seu Presidente, ao permitirlle ser máis libre e menos dependente da Xunta de Galicia.
 
Así que o mellor que pode facer Ferrín e non buscar enemigos onde non os hai, non acusar nin a individuos, nin a organizacións de supostas conspiracións, que el sabe que non son certas, e ademáis hai datos e actuacións que demostran que eses, entre os que me inclúo, aos que el acusa, ten feito máis pola consolidación da Academia como institución e súa como Presidente, caos que agora lle dan palmadas nas costas, cando lle conta esa terrible historia da conspiración, que pode ser de interese como argumento para una novela, pero que ten pouca credibilidade para xustifacar a súa “fuxida”.
 
E digo todo isto, por que empezo a estar farto, de que desde hai algún tempo, determinados individuos neste País, entre eles Ferrín, poidan decir o que lle peta do resto dos mortales, colocarlle etiquetas ao seu antollo ou acusalos do que consideran oportuno para xustificar a súa conducta, cando esta resulta inxustificalble,... iso sí non soportan que ninguén lle cuestine nin o seu pensamento nin o seu comportamento.
 
É o que ten ir pola vida, pensado que estás por riba do ben e do mal e que algún ser superior, te elexiu para darlle leccións a todo o mundo, pero sin estar disposto a recibilas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Pérez Bouza Enfermeiro. Traballador do Sergas desde o ano 1992. Vinculado ao galeguismo, cultural, sindical e político, desempeñou distintos postos de responsabilidade, tanto na CIG coma no BNG. Actualmente forma parte da Executiva Nacional e do Consello Político de Compromiso por Galicia.