Elecións Europeas: cada un ao seu e no medio Galicia que, polo que se ve, é o que menos lle importa.

A única maneira de defender os intereses de Galicia en Europa con voz propia, de xeito directo, sen ter que lle pedir parecer a ninguén e sen pagar peaxes, é levando ao Parlamento Europeo a un/unha representante galeg@, apoiado exclusivamente polo votos dos nosos cidadáns.

Por X.M. Pérez Bouza | Ourense | 07/10/2013

Comparte esta noticia
Iso só é posible cunha candidatura integramente galega, sen diluir en coalicións estatais, independenentemente de que estas sexan de carácter nacionalista ou de esquerda rupturista, unha candidatura con forte presenza da sociedade civil e apoiada por organizacións políticas, sindiciais e sociais propias do noso País, que precisamente pola súa formulación incluínte non tería que excluir a participación das versións galegas de forzas estatais. 
 
Nas eleccións europeas de maio do 2014 non vota, si ou non, á ruptura do sistema, nin á creba democrática, nin á soberanía de Galicia, vótase básicamente para elixir aos representantes dos Estados ou das Nacións sen Estado, como é o caso de Galicia, para que defendan os seus intereses no Parlamento Europeo e punto, non hai máis, por moitas xustificacións que busquen uns e outros para non apoiar a posibilidade de configurar unha candidatura integramente galega. 
 
Están no seu dereito de facer o que consideren pero, por favor, que uns e outros deixen de xogar ao gato e o rato unicamente para non quedar como responsables de que non saia adiante a candidatura de País, que saben que é o que máis lle interesa a Galicia pero que neste momento, por estratexia electoral partidista, non lle interesa nin a BNG nin a ANOVA, quedando Compromiso por Galicia como a única organización política galega que de verdade e desde o principio apostou claramente por esta alternativa. 
 
Para os escépticos, para os que "non ven a Galicia con potencia suficiente" para facerse valer por si mesma, lembrarlle que hai precedentes: no 1998 o conxunto do nacionalismo, unido daquela baixo o paraguas do BNG, decidiu na súa VIII Asamblea en Ourense concurrir ás eleccións europeas celebradas no 1999, cunha candidatura propia “sin azos emprestados”; o apoio da cidadanía galega foi espectacular e o traballo de Camilo Nogueira insuperable, sen desmerecer o que fixo recentemente Ana Miranda, que foi tamén bo e digno do meu recoñecemento. 
 
Para os que ten como eixo fundamental da sua estratexia política reclamar a soberanía de Galicia, dicirlle que unha boa mostra de que unha Nación é soberana, sen selo oficialmente é mandar a un/unha representante directamente ao Parlamento Europeo, sen necesidade do apoio e o amparo de ninguén, por nós mesmos, contando só coa confianza da cidadanía galega. 
 
Desgraciadamente, polo que se ten visto estes días, non vai poder ser; non será culpa de quen como é o caso de Compromiso por Galicia, apostou firmemente por esta posibilidade desde o principio, concretamente desde marzo deste ano, data na que lle foi presentada por escrito ao BNG e ANOVA, e segue apostando na actualidade, mentres uns e outros… cada un o seu e no medio Galicia que, polo que se ve, é o que menos lle importa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Pérez Bouza Enfermeiro. Traballador do Sergas desde o ano 1992. Vinculado ao galeguismo, cultural, sindical e político, desempeñou distintos postos de responsabilidade, tanto na CIG coma no BNG. Actualmente forma parte da Executiva Nacional e do Consello Político de Compromiso por Galicia.