"Emocionarse e criminalizar non é razonable"

O presidente da Xunta critica a Beiras por emocionarse pero criminalizalo ao mesmo tempo e di que os "puños e manotazos non teñen cabida no Parlamento". Evita concretar cando informará dos contratos de Dorado á Xunta e di que será "de xeito inmediato".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 25/04/2013 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, despachouse este xoves contra o líder de AGE, Xosé Manuel Beiras, a quen criticou por trasladar os "puños e manotazos" ao Parlamento. Por iso, suliñou que a súa emoción ao falar da droga --Beiras mesmo chorou na comparecencia de hai 15 días-- "non é razonable" se ao mesmo tempo o criminaliza.

Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE
Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE

Galicia Confidencial preguntoulle a Feijóo se ao igual que critica os "puños e manotazos", tamén critica a "emoción" dos parlamentarios e lembroulle que el mesmo aplaudía cando Fraga tamén se emocionaba e choraba na Cámara.  "Emocionarse é humano. Non teño nada en contra das persoas que se emocionan pero si en contra das que se emocionan e, a través da súa emoción, trasladan a outros responsables políticos unha relación, unha actividade noxenta e criminal como as drogas iso non é compatible. Emocionarse e criminalizar sistemáticamente non é razonable", foi a súa resposta.

"Prácticas antidemocráticas"

Previamente, o líder popular arremeteu contra Beiras a quen acusou de trasladar "prácticas antidemocráticas" á Cámara tras a decisión do líder de AGE de acudir o seu escano e dar unha puñada na mesa do presidente logo de que este se burlara del "polo zapato e por emocionarse tanto, tanto". "As imaxes son clarificadoras", dixo para suliñar que o Parlamento é o lugar no que se pode "acordar ou discrepar", pero non levar os "puños" e os lapotes. "Escoitei moitos descalificativos pero, desde logo, puños e manotazos non acepto e que non conten comipo para esas prácticas antidemocráticas", suliñou.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo insistiu en que o debate na Cámara ten que ser con "argumentos e mesmo paixón", pero non con "agresión ou agresividade" e lamentou a escalada, dixo, "que están padecendo as institucións".

Non pide a dimisión

Sen embargo, e a diferencia do que fixeron este mércores a maior parte dos membros do seu Executivo, Feijóo evitou pedir, directamente a dimisión de Beiras. "Cada galego ten o seu propio criterio e hai cuestións que non se poden sobrepasar e hai deretios e obrigas e o que se pide é que non se crispe á sociedade", dixo.

Por iso, denunciou que se utilice a actual situación económica para "este tipo de comportamentos" porque, insistiu, "é antidemocrático". Por iso, suliñou que seguirá traballando para "garantir" o estado de dereito "pese a quen lle pese" e a pesares de que "algúns non o queiran". 

A escusa da puñada

Feijóo tamén se referiu aos contratos que a Xunta asinou coas empresas de Marcial Dorado durante os últimos 20 anos que era o que o martes lle preguntou a oposición e que non contestou. "Non puiden contestar porque un deputado deu unha puñada no meu escano", escusouse.

Así, suliñou que "ten urxencia en acreditar céntimo a céntimo" cales foron os contratos que Dorado recibiu da Xunta, tanto dos gobernos de Fraga, como dos do bipartito. "Será de xeito inmediato", dixo sen aclarar, novamente, cando será. 

Preguntado por El País sobre se se lle adxudicou algo ao narco galego sendo el alto cargo da Xunta, Feijóo respostou, "nin como conselleiro, nin como presidente". "Pero eu preguntolle cando vostede era alto cargo en Sanidade?", insistiu o xornalista Vázquez Hermida. "Cando demos a información será consellería por consellería", limitouse a responder Feijóo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

4 Cronista

A verdade é que Feijóo estaba contra as cordas, titulares da prensa méxicana, probas dos contratos a Dorado cando Feijóo tiña un alto cargo responsable na Xunta...vai Feijóo en plan "zorrito" e saca o tema das choromicadas e o sapato de Khruschev...e vai Pétain a pintar a mona. Resultado: unha falta de respecto aos deputados da oposición en uso de turno de intervención. E unha falta de respecto, porque foise sen escoitar a sua socia... para iso fai as estranas alianzas?

1 Independentista

Incribel a xente da UPG e o sector máis duro do PP. Os únicos que critican a Beiras! Mesmo onte nos comentarios de xornais de dereita como a Voz ou no ABC moita xente defendía a reacción de Beiras fronte a chuleria-narco de Feijoo. Grazas a Beiras medio mundo falou onte do narco-feijoo.

2 Cronista

Tan patética é a actitude dos neo franquistas que falan dun Beiras con trastornos psiquicos (descoñezo si é verdade o que afirmaban onte en Intereconomía de que estivera ingresa nun centro de saúde mental) coma a dos oportunistas que queredes sacar tallada dun home en idade avanzada, superado polas emocións, tal persoaxe do Motin do Caine maxistralmente interpretado por Bogart. Beiras cando era Beiras, tiña inxenuo e fina ironia de sobra pra atacar os seus adversarios, sen necesidade de recurrir o histrionismo e astracanadas. Patéticos os neo franquistas e os que rien as chanzads dun Rei Lear, un Max Estrellas en horas baixas.

3 daoutrabanda

Hai vídeo da Yoli correndo para sair na foto?

1 Rabecho

Non pero vese á comisaria-xeneral Pontón como fulmina coa mirada un conato de aplauso de Jorquera a Beiras. UuuuuUhh, mediocres ata a morte!

2 undevijo

De Yoli non...pero hai un moi ilustrativo de Jorquera pretendendo imitar a Beiras....

3 eueu

Ben falado, undevigo: a mediocridade que existe no Bng non fai mais que saian trolles por todo lado. BNG MEDIOCRES

2 Xurxo Fabeiro

Fantástico o profesor Beiras. Este é o peor momento da carreira política de Feijoo. Medio mundo sabe que lle privaban os paseos co narco...

1 paco

A demisión hai que pedircha a ti por todo isto http://nonpensocalar.wordpress.com/...