Piden 7 anos de cárcere sete persoas por numerosos ataques informáticos a unha empresa de Teo

Os acusados supostamente aproveitáronse dos seus coñecementos informáticos para infectar equipos informáticos de particulares que, despois, utilizaban para lanzar "ataques de denegación" contra a empresa sita en Teo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2020 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

O Ministerio Público solicita sete anos de prisión para tres persoas acusadas de provocar "numerosos" ataques informáticos contra unha empresa de Teo dedicada ao asesoramento tecnolóxico e, precisamente, á protección de equipos en cuestións informáticas.

Os feitos, ocorridos entre xullo e setembro do ano 2013, serán xulgados nunha vista a celebrar o vindeiro venres 23 de outubro na seccións sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago.

Así, cada un dos acusados enfróntase a unha pena de sete anos de cárcere por un delito de danos informáticos, segundo o escrito de Fiscalía, que tamén solicita unha indemnización para a empresa afectada de 15.000 euros.

Os acusados supostamente aproveitáronse dos seus coñecementos informáticos para infectar equipos informáticos de particulares que, despois, utilizaban para lanzar "ataques de denegación" contra a empresa sita en Teo.

Deste xeito provocaron que o servidor da empresa colapsase, o que obrigou a restaurar os sistemas ao seu estado orixinal cun custo de 15.000 euros.

Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo
Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta