'Elixe Galicia', a campaña turística da Xunta, recibe case 2.000 solicitudes para optar a viaxes desde marzo de 2021

Todos os usuarios que obteñan praza, explica a Xunta, pagarán unha cantidade fixa correspondente a prezos de tempada baixa e dependendo do programa no que se incriban, mentres que o 40 por cento estará subvencionado con fondos públicos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2020 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

A campaña turística da Xunta 'Elixe Galicia', dirixida a persoas de menos de 30 anos, a familias con fillos menores e a pensionistas maiores de 55, recibiu ata o momento case 2.000 solicitudes para optar ás viaxes ofertadas entre o 10 de marzo e o 15 de novembro de 2021.

O prazo para participar na segunda convocatoria deste programa permanecerá aberto ata o próximo 2 de novembro. Os interesados deberán solicitar praza a través de axencias de viaxes ou da sede electrónica da Administración galega e, en caso de ser beneficiados, terán que reservar a partir do mes de febreiro nun trámite para o que se terá en conta a orde de inscrición e os condicionantes económicos.

Todos os usuarios que obteñan praza, explica a Xunta, pagarán unha cantidade fixa correspondente a prezos de tempada baixa e dependendo do programa no que se incriban, mentres que o 40 por cento estará subvencionado con fondos públicos.

En total, hai catro programas diferentes: vacacións en zonas costeiras, rutas de patrimonio histórico e cultural; rutas de natureza e montaña; e estancias en balnearios. As viaxes teñen unha duración de tres a cinco días, moitos deles en fin de semana.

Aínda que inicialmente a Xunta previra algo máis de 6.500 prazas para esta segunda edición de 'Elixe Galicia', a previsión é que poida dispor de máis de 10.000, xa que se lle sumarán as que non se cheguen a comercializar este ano.

Así mesmo, o Goberno galego asegura que a campaña conta con "un completo e moi estrito" protocolo contra a COVID-19, co obxectivo de "garantir a higienización, limpeza e seguridade sanitaria para os seus beneficiarios".

Torre de Hércules. TURISMO DA CORUÑA
Torre de Hércules. TURISMO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta