A UDC inicia unha campaña voluntaria de tests serolóxicos entre a comunidade universitaria

Os resultados comunicaranse por correo electrónico.

Por E.P. | A Coruña | 19/10/2020 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

A Universidade dá Coruña (UDC) inicia este martes unha campaña voluntaria de test serolóxicos a toda a comunidade universitaria, comezando polo alumnado do campus de Ferrol. Segundo informa o reitorado, realizaranse probas voluntarias de tests de dobre banda "que permiten a detección rápida de anticorpos IgC e IgM en sangue".

A Universidade da Coruña
A Universidade da Coruña | Fonte: UDC.

Os resultados comunicaranse por correo electrónico desde a realización da proba. Ademais, a UDC informará ao Sergas dos casos positivos "para o seu adecuado seguimento".

A campaña está dirixida na primeira fase ao alumnado, comezando este martes polo do campus de Ferrol, que terá que pedir cita previa. Neste campus, estenderase a iniciativa ata o venres.

Proximamente, abrirase a cita previa ao alumnado do campus da Coruña, así como ao persoal docente investigador (PDI) e ao persoal de administración e servizos (PAS).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta