Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/10/2020 | Actualizada ás 15:24
O edificio do Concello de Ponteceso (A Coruña) e a biblioteca municipal permanecerán pechados "ata novo aviso" tras o positivo por covid-19 dun dos traballadores das oficinas. Así o confirmou o rexedor, Xosé Lois García Carballido, queninforma de que a atención, polo momento, será telefónica --entre as 9,00 e as 14,00-- ou vía Internet.
O alcalde apuntou que todas as persoas que acudiron ao Concello estes días e que o fixeron empregando as medidas de seguridade anti covid-19 en vigor --máscara, xel, biombos...-- non deben preocuparse e si seguir as "recomendacións xerais".
"Por precaución", o edificio municipal permanecerá pechado polo momento e reabrirase cando "volva ser seguro". O peche afecta tamén á biblioteca municipal "ata nova orde".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.