Cinco novas vítimas aumentan a 836 os falecidos en Galicia con covid-19

Con estas cinco últimas mortes de pacientes con covid, a cifra total desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 217 en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2020 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este martes cinco falecementos vinculados coa covid-19 en Galicia, un deles vinculado a unha residencia de anciáns, co que a cifra de mortos por mor da pandemia sitúase xa nos 836.

En concreto, informouse do falecemento de dúas mulleres de 73 e 78 anos que se atopaban ingresadas no Complexo Hospitalario de Santiago e no Complexo Hospitalario da Coruña; así como de dous homes de 84 e 83 anos ingresados no Hospital de Verín e no Complexo Hospitalario de Vigo.

Ademais, faleceu unha muller de 91 anos na residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar. Todas as vítimas tiñan patoloxías previas.

Con estas cinco últimas mortes de pacientes con covid, a cifra total desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 217 en Galicia. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

Proba PCR. Foto de arquivo.. Ricardo Rubio - Europa Press
Proba PCR. Foto de arquivo.. Ricardo Rubio - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta