Aberto o prazo para anotarse en listas de substitución de profesorado en sete especialidades educativas

A resolución publicada establece a exención temporal do requisito do Máster do Profesorado, aínda así terán prioridade á hora da contratación as persoas que conten co Máster do Profesorado ou equivalente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2020 | Actualizada ás 17:19

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación publica este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se habilita o procedemento para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas de interinidades e substitucións dos corpos docentes nun total de sete especialidades diferentes.

No corpo de mestres, os candidatos poderán anotarse na especialidade de Lingua estranxeira francés, mentres que na de profesorado de ensino secundario ábrense as listaxes de Lingua castelá e literatura, Francés, Sistemas electrónicos e Sistemas electrotécnicos e automáticos. No caso do corpo de profesores técnicos de formación profesional, abriranse as listaxes para as especialidades de Equipos electrónicos e de Instalacións electrotécnicas.

A consellería, informou a Xunta, abre estas listaxes para atender as necesidades que poidan xurdir ao longo do curso para a contratación de profesorado, de forma concreta nalgunhas especialidades. De acordo coa normativa en vigor, a resolución publicada no DOG establece a exención temporal do requisito do Máster do Profesorado ou equivalente cando non sexa posible nomear a candidatos que estean en posesión desta formación pedagóxica. Esta medida aplícase só ao actual contexto covid.

Terán prioridade á hora da contratación, en todo caso, as persoas que conten co Máster do Profesorado ou equivalente. De non contar con ela, tal e como establece a disposición transitoria asinada cos sindicatos, deberá realizar a formación que está a deseñar a consellería a través do Centro Autonómico de formación e Innovación (CAFI).

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, no pleno. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, no pleno. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta