Tras subliñar que non se poden pór "cotos", xa que "hai que facer as que faga falta", si se analiza desde o departamento sanitario da Xunta a necesidade de facer todas as analíticas que se realizan actualmente.
Piden a Antonio Gómez Caamaño unha resposta nun prazo de 7 días, e en función diso tomarán as medidas oportunas, xa que consideran que é "fundamental que haxa un cambio de rumbo" na Consellería para mellorar "o conxunto da sanidade pública".
  comenta   0
O plan de inspeccións posto en marcha en agosto do ano pasado supuxo a revisión de 67.963 procesos e a citación para unha avaliación presencial a 28.748 pacientes de baixa. Dos procesos revisados, xeráronse un total de 20.681 altas.
  comenta   0
Ás críticas de sindicatos profesinais, súmase agora ao do Colexio de Médicos. A institución lembra que esta práctica xa forma parte da carteira de servizos desde hai décadas.
  comenta   0
O Sergas traslada aos primeiros 12 pacientes de paliativos ao antigo hospital de Piñor, para ter máis espazo no CHUO.
  comenta   0
Un fondo soberano e incrementar o orzamento para Atención Primaria e o SAF, entre as propostas do BNG. Máis investimento en ciencia, apostar por renovables e combater lista de espera, entre as 40 propostas do PSdeG.
  comenta   0
.E pois que cada tempo ten seu tempo, iste é o tempo de chorar... Celso Emilio Ferreiro
  comenta   0
Abel Losada mostra a súa "preocupación" pola "desatención" de pacientes con enfermidades mentais e as "intolerables" listas de espera en psiquiatría.
Montse Prado pide medidas "urxentes" e anima á cidadanía a acudir o domingo á mobilización pola sanidade pública. Besteiro denuncia que a Xunta "non está a garantir nin o acceso nin a calidade da atención sanitaria, especialmente na atención primaria".
  comenta   0
En concreto, menciona unha resonancia cerebral que tiña como "data idónea" o 6 de novembro de 2024 e a consulta posterior á mesma proba, indicada inicialmente para o 5 de decembro; así como as revisións en Oncoloxía desde xullo de 2024, a pesar de que "deberían ser trimestrais"
O BNG censura a "estratexia neoliberal" da Xunta coa sanidade e denuncia que o helicóptero do 061 de Santiago está sen combustible.
O Servizo de Urxencias do Hospital de Santiago, o terceiro con máis denuncias do Estado. A Memoria de 2024 do Defensor del Paciente apunta a Galicia como sexta comunidade con máis denuncias por neglixencias, con 746
  comenta   0
"As comunidades que teñen unhas listas de espera de 9 meses, esas listas de espera van seguir sendo de 9 meses, non porque veña un 2% da poboación vas ter máis lista de espera", di a ministra.
  comenta   0
Situación que achacou ás "doutrinas neoliberais" de redución do sistema público mediante a aplicación de recortes e privatizacións, todo iso para "beneficiar" ao sector privado.
  comenta   0
A portavoz da Política Social do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Silvia Longueira, acusou á Xunta de "vulnerar" os seus dereitos "provocando o colapso do sistema".
  comenta   0
A Xunta cifra en 170 millóns de euros ao ano o impacto de integrar aos asegurados de Muface no Sergas. Rueda e o conselleiro de Sanidade urxen información e unha incorporación progresiva en caso de materializarse a medida.
  comenta   0
As listas aumentan en cirurxías e consultas. O conselleiro de Sanidade di que unha "maior accesibilidade" ao sistema sanitario facilita que a xente "viva máis" e haxa pacientes crónicos.
  comenta   2
Defende a "legalidade" de todos os contratos de emerxencia no primeiro debate da comisión de investigación dos contratos da Xunta. O exconselleiro recoñece que o modelo do Álvaro Cunqueiro foi "máis caro", pero conseguiu que se construíse "en tempo marca".
  comenta   0
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia demoras irregulares e alarmantemente prolongadas en pacientes con prioridade dous do servizo de cirurxía ortopédica e traumatolóxica deste centro.
Pedía que a Atención Primaria reciba o 25% do orzamento sanitario. O PP vota 'non' porque xa supera o 30%, ao sumar o gasto farmacéutico.
  comenta   0
Segundo Montse Prado, está "máis que demostrado que unha atención primaria ben dotada garante unha poboación máis sa, mellor atendida e a menor custo", ademais de "garantir a igualdade ante a enfermidade".
  comenta   0
Tras criticar que o gasto en receitas de farmacia segue sendo "moi elevado", censuraron que "se perpetúa a precariedade" da sanidade pública, un servizo "necesario para facer fronte a novas epidemias", e non se aposta por áreas como a protección e promoción da saúde.
  comenta   0
O Diario Oficial de Galicia publica na súa edición deste mércores a incorporación da Asociación Alcohólicos Anónimos ao Consello Asesor de Pacientes da área Sanitaria de Ferrol
  comenta   0
En Galicia había a metade de ano 50.264 pacientes en espera para unha intervención, uns 5.000 máis con respecto ao peche de 2023 e 3.200 máis sobre os de hai un ano.
  comenta   0
O presidente da Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (SEMERGEN), o doutor José Polo, considera que "durante o período de formación, a día de hoxe, non se insiste o suficiente na medicina rural, sempre se lles prepara moito para a medicina hospitalaria, pero non para a atención primaria no rural".
  comenta   0