Galicia é a segunda comunidade autónoma con mellores datos de listas de espera para cirurxías

Así, o tempo medio para ter a operación, en Galicia é de 66 días, cando a media estatal está en 112.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2023 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

O sistema sanitario público de Galicia sitúase por primeira vez como o segundo cos mellores tempos de espera media para acceder a unha cirurxía dentro do Sistema Nacional de Saúde. O Ministerio de Sanidade publicou o venres un informe que recolle os datos do primeiro semestre do ano. Así, o tempo medio de espera para cirurxías en Galicia é de 66 días, cando a media estatal está en 112.

Mentres que a media nacional no último ano baixou nun día, os datos galegos baixan de 75 días en xuño de 2022 á media actual de 66 días, nove días menos nun ano. En canto á porcentaxe de pacientes que esperan máis de seis meses para unha intervención, Galicia mellora o seu propios resultado e pasa a ser o segundo territorio nacional con mellores datos. Así, a cifra descende ata o 3,4% dos casos, soamente contando con mellores datos Madrid (0,6%). Neste apartado, a media estatal sitúase no 17,4% dos casos.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en declaracións aos medios na inauguración do II Encontro Médico de Bergantiños, sinalou que estes datos deixan a Galicia nunha situación "moi boa" e que "teñen que seguir traballando" para alcanzar o obxectivo de finalizar o ano cos datos de 2019.

Sala de espera do Sergas.
Sala de espera do Sergas. | Fonte: XUNTA - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta