Abel Caballero non esquece a fusión das caixas de aforros: "Caixanova non estaba crebada, é unha mentira vil"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a arremeter este xoves contra o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en relación á fusión das caixas de aforro galegas, e tachou de "mentira absoluta e vil" a afirmación do mandatario galego de que as entidades estaban crebadas cando chegou ao goberno da Xunta, en 2009.

Por Galicia Confidencial | VIGO | 22/10/2020 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia