O BNG reclama a "intervención" da Xunta para "garantir" a seguridade dos helicópteros de Gardacostas

A formación nacionalista lembra que os sindicatos levan "anos denunciando" que as aeronaves fóra de servizo sen se substituídas, polo que no caso de presentarse unha emerxencia, os recursos estarían reducidos ou serían "inexistentes".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2020 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

O BNG rexistrou unha batería de iniciativas no Parlamento nas que pide á Xunta "que tome medidas na grave situación que se está dando na operatividade e mantemento" dos helicópteros do Servizo de Gardacostas. En palabras da portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario, Rosana Pérez, a situación actual "pon en grave risco ás tripulacións e á propia xente do mar".

A deputada nacionalista reclama ao Goberno galego que "faga cumprir rigorosamente" á empresa Babcock España, que lembra que é a adxudicataria do servizo, "con todas e cada unha das cláusulas establecidas no contrato" para o desenvolvemento de labores de vixilancia, loita contra a contaminación e salvamento marítimo.

Pérez argumenta que o contrato establece a obrigación de substituír un helicóptero que queda fóra de servizo por outro das mesmas características nun prazo máximo de 48 horas, algo que, segundo engade, "foi incumprido en reiteradas ocasións sen que conste apercibimento, apertura de expediente ou penalización por parte da Xunta".

A formación nacionalista lembra que os sindicatos levan "anos denunciando" que as aeronaves fóra de servizo sen se substituídas, polo que no caso de presentarse unha emerxencia, os recursos estarían reducidos ou serían "inexistentes"

INICIATIVA RÍA DE FERROL CONGRESO

Ademais, nunha iniciativa rexistrada no Congreso, o BNG pide que se realice o estudo comprometido polo Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (Cedex), dependente do Ministerio de Fomento, no que se analizan cales son as actuacións "idóneas" para a rexeneración da ría de Ferrol, "dando a prioridade á retirada de lodos que cobren os bancos marisqueiros".

A formación nacionalista considera "necesario iniciar canto antes" a redacción do proxecto para a rexeneración da ría de Ferrol, facilitando que actuación, "necesaria" póidase empezar "na maior brevidade posible".

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, lembrou que nunha reunión coas confrarías da ría de Ferrol, celebrada a finais de 2018, a propia subdelegada do Goberno manifestou "o compromiso" do Goberno a realizar un informe para saber se é posible retirar ou mover os lodos do fondo da ría, que están "a minguar" a calidade e cantidade do marisco.

PARQUE NATURAL DO XURÉS

Noutra orde de asuntos, o Grupo Parlamentario do BNG, a través dunha proposición non de lei, reclámalle á Xunta que adopte medidas para a protección do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, polo seu "valor natural, orográfico, paisaxístico, etnográfico e arqueolóxico".

Así, os nacionalistas lembran que a importancia do parque "é tal" que mesmo no ano 2004 foi incluído na Rede Natura 2000. Ademais, o parque conta coa protección propia da declaración de lugar de interese comunitario, zona de especial interese para as aves, zona de especial protección dos valores naturais ou mesmo coa de reserva da biosfera, recoñecemento feito pola Unesco no ano 2009.

Helicóptero Helimer 401. SALVAMENTO MARÍTIMO
Helicóptero Helimer 401. SALVAMENTO MARÍTIMO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta