Sete positivos entre os 635 veciños de Milladoiro e O Ensanche de Santiago que acudiron aos cribados

Só o 21,9% dos 1.357 citados en Milladoiro e o 42,5% dos convocados do Ensanche participaron na proba.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/10/2020 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

Un total de 635 veciños de Milladoiro (Ames) e do Ensanche compostelán dos máis de 2.000 que estaban convocados en ambos os núcleos --menos dun 30 por cento-- acudiron aos cribados realizados a pasada fin de semana, que arroxaron un total de sete positivos.

Unha traballadora sanitaria sostén unha probeta cunha proba PCR
Unha traballadora sanitaria sostén unha probeta cunha proba PCR | Fonte: Ricardo Rubio - Europa Press.

Segundo informa a área sanitaria, para o centro de saúde de Milladoiro estaban citados 1.357 veciños, dos que acudiron 298 (un 21,9 por cento). O número de positivos detectado foi dous.

No caso de Santiago, estaban citadas ás probas un total de 792 persoas e acudiron 337 (un 41,5%). Do total, cinco arroxaron un diagnóstico positivo en covid-19.

Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, apuntou que, a falta de coñecer os datos máis recentes, este domingo rexistrouse "o primeiro día" cunha "baixada lixera" despois de tres semanas de subas, aínda que lembrou que é a tendencia tamén en toda Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta