Aberto o prazo para optar ás axudas autonómicas ó lecer nocturno

Cada establecemento poderá optar a ata 20.000 dos orzamentos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2020 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este martes a orde de axudas para contribuír a sufragar os custos de aluguer dos locais de lecer nocturno que permanecen pechados desde o pasado 15 de agosto co obxectivo de frear a expansión do coronavirus.

O orzamento da convocatoria ascende a 2,2 millóns de euros e inclúese no Plan de Reactivación do sector do lecer nocturno, no que o Goberno galego investiu un total de 6,8 millóns de euros e que tamén conta con apoio para a celebración de concertos e o mantemento do emprego nestes locais.

Poderán ser beneficiarios das axudas os titulares dun contrato de aluguer de establecementos de lecer nocturno pechados ao ser afectados pola paralización desta actividade como consecuencia das medidas adoptadas polo Ministerio de Sanidade, en coordinación coas comunidades, para previr e conter a covid-19.

Os contratos de aluguer deben estar en vigor desde xaneiro de 2020 e permanecer vixentes durante un ano desde que se permita a reapertura do sector, co compromiso de manter a actividade durante ese período. A contía das axudas variará con catro tramos en función do importe mensual do aluguer. Deste xeito, poderán alcanzar ata 20.000 euros como máximo por solicitude no tramo máis elevado.

As solicitudes deberán presentarse de forma obrigatoria a través da sede electrónica da Xunta durante un prazo dun mes desde este mércores.

Unha muller permanece sentada nunha terraza do barrio do Couto en Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press
Unha muller permanece sentada nunha terraza do barrio do Couto en Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta