Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2020 | Actualizada ás 10:42
Parte da frota permanece amarrada este mércores en Galicia nunha xornada de aviso de nivel vermello na Costa da Morte e o noroeste da provincia da Coruña por ondas de máis oito metros.
Segundo explican a Europa Press por parte da confraría de Malpica "toda" a frota atópase amarrada, nunha zona da Costa da Morte na que se prevé que o temporal azoute con máis forza, sobre todo a partir das 15,00 horas co comezo do aviso de nivel vermello.
Nas Rías Baixas, en Bueu (Pontevedra) unha parte das embarcacións decidiron quedar en terra, mentres outras si que saíron a navegar. Tamén desde Marín explica que esta mañá o mar atópase aínda "acougado".
En cambio, máis tranquila está a mañá na provincia de Lugo --onde hai aviso laranxa por ondas entre cinco e oito metros--, pois toda a frota de Celeiro saíu a faenar con normalidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.