A Fonsagrada péchase para impedir o espallamento do seu primeiro brote en toda a pandemia

O Concello anuncia que clausurará o pavillón, os parques e demais espazos públicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2020 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

O alcalde da Fonsagrada (Lugo), Carlos López, anunciou o peche do pavillón municipal, do campo de fútbol, a biblioteca, o museo e os parques ante o brote de Covid-19.
O rexedor xustifícao "porque nestes momentos ao estar o Concello en alerta laranxa" queren "evitar os contactos ou que estes se produzan o menos posible".

Ademais, para "o servizo de asistencia na casa consistorial", os veciños terán que "facer solicitude de cita previa ou ben por teléfono" ou ben a través da páxina web. Carlos López constatou que a situación "a día de hoxe" é de alerta laranxa, con "entre 14 e 20" positivos acreditados por parte do Servizo Galego de Saúde.

Así mesmo, o alcalde fonsagradino confesou que os veciños "están preocupados porque desde marzo en que empezou a pandemia ata hai unha semana apenas se deron casos aquí". "Así de súpeto (chegan os brotes) e a xente está moi preocupada", advertiu.

No entanto, apostou por "transmitir unha mensaxe de tranquilidade". "Tampouco temos a información oficial que quixésemos", lamentou. "Si sabemos que as autoridades sanitarias están a facer un traballo de rastrexo bastante exhaustivo tanto desde o centro médico como desde o Sergas", concluíu.

Accidente en A Fonsagrada
Accidente en A Fonsagrada

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta