As licenzas para a construción de novos edificios aumentan un 24% en xullo en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2020 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

Galicia concedeu en xullo un total de 163 licenzas para a construción de novos edificios, o que supón un incremento do 24% respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo os datos publicados este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Con todo, esta construción de edificios dará lugar a 252 novas vivendas, 19 menos que as que se deron no mesmo mes do ano anterior.

As licenzas para edificios a rehabilitar tamén van á alza e alcanzan un total de 174, o que supón 38 máis que no mesmo mes do ano anterior. Suporá reparar 53 vivendas, máis que as 28 de xullo de 2019.

No tocante á demolición de edificios, son 11 permisos en xullo deste ano, cinco menos que hai un ano, segundo os datos do IGE. Supón demoler 16 vivendas, un terzo das 46 de 12 meses antes.

Edificio en construción  Arquivo
Edificio en construción Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta