O IGE apunta ademais que a construción de vivendas disparouse un 44,6% en febreiro en Galicia, en relación co mesmo mes de 2024, ata 418 domicilios, segundo datos publicados este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE)
  comenta   0
Segundo os datos do IGE, no ano 2022 un total de 56 concellos (o 18 % dos 313 totais) perderon máis veciños dos que recibiron; no 2023 esta cifra chegou ata os 67 concellos (o 21 %).
  comenta   1
A esperanza de vida aos 65 anos en Galicia en 2023 situouse nos 22,2 anos, valor que tamén é superior aos rexistrados en toda a serie dispoñible.
  comenta   0
Esta zona, Terras de Santiago, A Coruña e As Mariñas e a Ría de Vigo e Baixo Miño representan o 64,1% das pernoctaciones en Galicia en 2024
  comenta   0
Na Galicia baleirada, onde o asubío do vento compite co zumbido intermitente dos routers, líbrase unha batalla silenciosa: a das mulleres que loitan polo seu lugar no mundo dixital.
  comenta   0
Un 20,3 % tivo que acudir ao seu posto como mínimo un domingo ao mes. Son datos que publica este venres na Enquisa de Poboación Activa (EPA) o Instituto Galego de Estatística (IGE).
  comenta   0
Está encabezada polo gravame sobre a renda (tramo autonómico do IRPF), que ascende a 3.377,5 millóns (269 millóns máis), segundo os datos do IGE.
  comenta   0
Un bono de 50 euros para incentivar o consumo de peixe, a desgravación dos libros de texto e do material escolar mercado ao longo do ano na declaración da renda, a construción de 24 residencias en concellos de menos de 50.000 habitantes e un equipo específico no IGE para analizar "o posible impacto da guerra comercial", entre os anuncios realizados polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no Debate sobre o Estado de Autonomía que se celebra desde este mércores no Parlamento de Galicia.
  comenta   0
Presas cualificou a modificación adoptada no Consello da Xunta do pasado luns para que o IGE pase a integrarse en Presidencia de "dous por un: privatizar e controlar politicamente".
  comenta   0
O presidente galego controlará os datos do seu executivo e prevé "privatizar" a súa xestión. O IGE pasará a depender da Oficina de Coordinación Económica. Unha reestruturación que chega tras o polémico informe sobre o uso do galego.
  comenta   0
"É inmoral que no canto de pór todos os recursos da Xunta en conseguir que o galego estea en todos os espazos e para todos os usos, o Executivo galego se dedique exclusivamente a fabricar unha realidade alternativa para evitar a mobilización social", criticou.
  comenta   0
Sobre edificacións xa existentes, concedéronse licenzas para 209 obras de rehabilitación e 12 para demolición, de acordo cos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE).
  comenta   0
Expertos analizan o impacto dos prexuízos e a falta de recursos nunha mesa redonda na que coincidiron en que a transmisión xeracional e o ámbito educativo son claves para a supervivencia da lingua.
A enquisa do IGE a peche de 2024 recolle que un de cada cinco fogares de Galicia (o 21,33 %) non se permitiu ningún gasto extra nos últimos tres meses, considerando como tales as viaxes, os imprevistos, as grandes compras, o poder aforrar e saír a cear, entre outros.
  comenta   0
Tamén se outorgaron 150 permisos de rehabilitación de edificacións e 17 licenzas de demolición, segundo os datos publicados este luns polo Instituto Galego de Estatística (IGE).
  comenta   0
A maioría no sector servizos, segundo os datos feitos públicos este luns polo Instituto Galego de Estatística (IGE), con información ata novembro de 2024.
  comenta   0
Este cifra supón un 5,7 % máis en 2023 que os 21.999 euros de 2022, segundo o Estudo de Salarios nas fontes tributarias publicado este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE).
  comenta   0
O peso de Galicia no conxunto de España, en outubro de 2024, ascende ao 8,2 % no total de exportacións e ao 4,6 % no total de importacións.
  comenta   0
Tras coñecer os resultados do último informe da Real Academia Galega sobre o emprego do galego, que veñen reiterar a situación de alerta sobre a perda do idioma xa avanzada polo Instituto Galego de Estatística, o GC fala con Mario Gradín, doutor en Estudos Lingüísticos pola UVigo que recentemente presentou a súa tese 'A política lingüística da Xunta de Galicia aplicada na educación non universitaria galega no período 2007-2012'.
  comenta   0
Un informe da RAG alerta dunha caída "descomunal" de galegofalantes entre os 5 e os 14 anos. O futuro do galego é moi negro de non tomarse medidas contundentes, especialmente, na educación.
  comenta   1
O gasto en vivenda, auga, gas, electricidade e produtos alimenticios supón o 36,7 % do gasto dos fogares galegos en 2022, segundo a matriz de contabilidade social que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).
  comenta   0
Segundo os datos correspondentes aos ano 2020 do IGE, os últimos dispoñibles para a súa consulta, a extensión dos concellos galegos non necesariamente casa cos usos do seu solo.
  comenta   0
As diferenzas son "relativamente importantes" en sectores como o das actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros, da información e das comunicacións e en actividades profesionais, científicas e técnicas, administrativas e servizos auxiliares., segundo o 'Estudo Salarios. A remuneración do factor traballo na economía galega' que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE).
  comenta   0
A exportación de electricidade e gas representa o 11 % do total de destinos destes produtos enerxéticos en Galicia, segundo datos do IGE.
  comenta   0
Segundo o estudo sobre o emprego autónomo en Galicia, o peso do emprego por conta propia na comunidade galega é "elevado" se se compara co resto de comunidades
  comenta   0
Fai 20 anos Galicia contaba con 67.628 granxas; fai 10, estas caeran xa ata as 40.653 (-26.975, un 39,89 % menos); e, o pasado 2023, xa só quedaban en pé 26.256 (con respecto ao 2003: -41.372, un 61,18 % menos; e con respecto ao 2013: -14.397, un 35,41 % menos). O GC analiza os datos de explotacións gandeiras e vacas de muxidura aportados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) entre o 2003 e o 2023.
  comenta   1
Unha plataforma cidadá levará unha ILP ao Parlamento para que se aprobe a obriga de ambientar as atraccións de feiras e festas populares con música "made in Galicia" e "na lingua de Rosalía".
  comenta   0