Por E.P. | Lugo | 30/10/2020 | Actualizada ás 18:53
O secretario da Federación de Industria da UGT de Lugo, Carlos García, puxo de manifesto que no sindicato detectáronse "unha serie de irregularidades" en moitos dos ERTE "que se aprobaron no pasado e na actualidade" que se aprobaron en empresas da provincia.
García dixo que están a observar "que se están facendo ERTEs preventivos, é dicir, por se acaso a situación non cambia xa temos o expediente aprobado, pero os ERTEs hai que negocialos no momento que faga falta e non por se acaso".
A continuación, engadiu que esta figura laboral "non se pode utilizar" tampouco "para ter flexibilidade na xornada laboral" e que debe limitarse a cando sexa "única e exclusivamente para cando faga falta".
Neste sentido, sinalou que "houbo un aluvión" de ERTE que, "en moitos casos", levaron a cabo, segundo o responsable, "de forma preventiva".
"Os ERTE non son para ter unha xornada flexible. Hai expedientes de redución de xornada e trabállase toda a xornada", protestou, antes de recalcar que UGT detectou expedientes "ficticios" sobre reducións de xornada que, en realidade, supoñen que se traballen as 8 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.