Por E.P. | Santiago de Compostela | 30/10/2020 | Actualizada ás 20:22
CIG-Saúde de Compostela denunciou na Inspección á Xerencia da área sanitaria de Santiago por "graves deficiencias" na unidade de Urxencias pediátricas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
Segundo remarca, ademais de "non haber persoal diferenciado para covid e non covid", tamén "falta mobiliario, instrumental, zonas e espera, material para facer radiográficas e non se garante a protección de datos dos pacientes".
Sobre esta denuncia, fontes de área sanitaria defenderon que "está garantida a seguridade na atención". "Hai dous circuítos diferenciados, con persoal específico", argumentaron.
Recoñece a área sanitaria que "a confortabilidade é mellorable", pero engade que, "en breve", se acomterán actuacións de mellora que se tiveron que demorar mentres non se finalizaba a ampliación na zona de urxencias de adultos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.