Denuncian que se limiten todos os encontros sociais "salvo para os cazadores"

A asociación animalista Libera critica que os escopeteiros pidan "liberdade total" á Xunta en plena segunda ola.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2020 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera critica que os cazadores pidan "liberdade total" á Xunta en plena segunda ola da pandemia para ser actividade esencial durante o estado de alarma.

"Das 17 comunidades e as dúas cidades autónomas, só Cataluña e Asturias consideraron esta petición, estendida polo lobby escopeteiro, polo que a proposta choca claramente co que marcaría unha actuación sensata en termos sanitarios", sostén Libera. Respecto diso, censura que "decenas de municipios galegos están confinados e limítanse os encontros sociais salvo para os escopeteiros".

Ademais, quéixase de que o protocolo da Federación Galega de Caza non impide batidas con máis de cinco participantes, mentres "menores de calquera idade están a acompañar a adultos nas súas actividades cinexéticas en pleno rebrote".

Cazador
Cazador | Fonte: © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta