Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2020 | Actualizada ás 10:05
A Garda Civil detivo a un mozo veciño do municipio da Cañiza acusado dun suposto delito contra a saúde pública, por tráfico de estupefacientes, tras serlle intervido un quilo de haxix no vehículo no que circulaba.
Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon durante a tarde do pasado xoves cando unha patrulla de Seguridade Cidadá do Posto da Garda Civil de Arbo interceptou un vehículo e percibiu " o nerviosismo no condutor".
Cando era identificado os axentes observaron nos asentos traseiros do vehículo "unha bolsa plástica, a cal contiña dous paquetes duns 500 gramos cada un, envasados ao baleiro, do que supostamente parecía haxix", relataron as mesmas fonte.
Coa incautación da droga procedeuse á detención do ocupante deste vehículo, de 27 anos e veciño da Cañiza, como presunto autor dun suposto delito contra a saúde pública por tráfico de estupefacientes. O detido, xunto coa droga, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Ponteareas, que decretou a súa liberdade provisional con cargos, así como o comiso do vehículo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.