O cribado masivo dálle a razón ós universitarios: "houbo un linchamento mediático e institucional"

Os positivos chegaron só ó 1'2% do total.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2020 | Actualizada ás 22:40

Comparte esta noticia

Os universitarios galegos volven cargar contra a “criminalización” do seu papel na crise da covid. Desta vez, a denuncia xa canalizada por GC vén de ser posta en coñecemento polo sindicato estudantil Erguer, que cualifica de “linchamento mediático e institucional” os episodios vividos nas últimas semanas.

Unha muller é sometida a unha proba PCR. Ión Alcoba - Europa Press
Unha muller é sometida a unha proba PCR. Ión Alcoba - Europa Press

Dende a asociación sosteñen que o colectivo estudantil foi empregado como “cabeza de turco” polos distintos gobernos galegos para lavar as mans ante unha xestión que o estudantes consideraron “pésima”. “En lugar de facer unha análise crítica das medidas e xestión das institucións, culpabilizan ás estudantes”, resumen dende Erguer. 

A denuncia do sindicato estudantil chega uns días despois de que foran dados a coñecer os resultados dos cribado masivo realizado ós estudantes da USC. Segundo publicou Europapress, a cifra non ía máis alá do 1’2%. Cómpre destacar, por riba, que os positivos por test serolóxico están á espera de se someter a unha PCR, co cal é de agardar que a porcentaxe final sexa aínda menor.

Nesta circunstancia, a crítica do sindicato céntrase en que “estas acusacións pretenden desviar as responsabilidades das institucións cara o colectivo estudantil”. De acordo coa súa visión, problemas como “a cancelación das prácticas, as reiteradas mudanzas de criterio con respecto á presencialidade, non ter en conta o pago de alugueiros e a realidade económica que estamos a viver as familias de clase traballadora” non estarían a ser tidos en conta polas administracións.

"OCULTAR AS DEFICIENCIAS DA SANIDADE"

Por último, a formación cualifica de “delirantes” algunhas das “acusacións” desenvoltas contra os universitarios, como a existencia de “festas con entrada para pagar a multa”. Consideran que son parte dunha mensaxe “interesada” que se busca trasladar á opinión pública para “afastar o foco da ineficiencia das medidas da Xunta e do Goberno”.

A organización pretende polo tanto indicar que este argumento é, segundo apuntan “falso”, e que “non se atopa abalado polos datos”, pretendendo grazas a el “ocultar a falta de persoal e a deficiencia dunhas infrastucturas sanitarias infrafinanciadas nun contexto de pandemia mundial, froito dos anos de recortes e privatizacións da Sanidade pública”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

En Santiago os positivos foron unicamente o 0,8%. Pero é o certo que case que o 40% do estudantado NON acodeu á cita. Cántos deles o fixeron por temor ao resultado? Qué rigor ten logo esa cifra?