Temas: MúSICA

Crónica de Manu Chao e máis artistas o sábado no Reperkusión

Antes de que o ex-cantante de Mano Negra fixera botar durante máis dúas horas a case todo Bemposta actuaron La Tarrancha , Os Guezos, La Sonajera Ravalera, Rimbarán e a Banda Fura Fura.

Por GC Tendencias | Bemposta | 13/05/2013 | Actualizada ás 22:17

Comparte esta noticia

No segundo día o festival comezou con actividades, xa dende a mañán, cos Obradoiros de Malabares e Ioga da Risa no Domo, o  escenario onde o Circo dos Muchachos celebrou ao longo da súa historia moitas das súas funcións.

Sonajera Ravalera no Reperkusión 2013
Sonajera Ravalera no Reperkusión 2013

Con moita máis afluencia de público as actividades de tarde abarcaron as actuacións Cair Circo o do monologuista Quequé tamén no Domo e os concertos de La Tarrancha , Os Guezos, La Sonajera Ravalera e Rimbarán no escenario de día.

Sen deixar de lado a conciencia crítica desenvolverónse tamén as actividades do chamado BioFestival con Expres-arte (e as charlas temáticas). O sábado Ramón Chao falou de “Finanzas Éticas como alternativa para o cambio”. E o domingo a mesma hora tivo lugar a outra co tema de “Consumo responsable. Os grupos de consumo como experiencia viable”. A destacar a natureza de balde e aberta das citadas actividades.

O sábado, según transcorría o serán, a afluencia de público era maior co día anterior e centos de persoas a tardiña foron disfrutando do ambente festivo calentando motores para a gran actuación do día a cargo de Manu Chao. O público foi entrando, c sen incidentes destacables , ao recinto de pago a contagotas debido á lentitude no acceso e ás aglomeracións na entrada.

Como comezo a Banda Fura Fura estivo preparando o ambiente festivo cos seus sons ska e pachanga que entretiveron ao público ansioso deses ritmos tan axeitados para o baile. Unha banda galega e que canta en galego sempre é unha boa nova para un festival feito en Galicia. O Reperkusión aínda que sempre destacou polos grandes nomes e artistas nacionais e internacionais non deixou de lado as bandas do país.

Manu Chao no Reperkusión 2013
Manu Chao no Reperkusión 2013 | Fonte: W.B.

Algo de isto falou un antigo alumno de Universidade Libre de Bemposta, Tonhito de Poi,  xusto  antes do comezo do concerto de Manu Chao. Tonhito reclamou axuda para manter a Bemposta viva e en activo. Como demostración das posibilidades do outrora proxecto do Padre Silva e acompañando as súas verbas uns antigos alumnos da Cidade dos Muchachos fixeron unhas breves demostracions acrobáticas no escenario principal que levantaron os aprausos e a admiración dos asistentes.

E con media hora de retraso sobre o horario previsto comezou o agardado concerto dun habitual no Reperkusión como Manu Chao. Durante dúas horas e media non deixou  respirar ao público cun espectáculo vibrante e cheo deses ritmos  que o fixeron internacionalmente famoso.

Acompáñase o artista francés de orixe galego outros músicos moi solventes e que teñen moitas horas de concertos xuntos e eso nótase no producto final. Foi unha actuación repleta de vellas e novas cancións que non defraudaron ás miles de persoas que ateigaron o recinto, deixando cara a fin do concerto un certo regusto amargo pola “brevidade”, xa que Manu Chao acostuma a dar concertos de 3 horas ou máis. Por exemplo un concerto en Xixón que chegou as 5 horas.

Logo da éxtase rítmica do sons pachangeiros foi a quenda dos rumanos Haydamaky que sorprenderon cun estilo moi balcánico, moito instrumento de vento, facendo versións de grupos tan dispares como Sistem of a Down ou Triana que pecharon a música en directo o sábado. Logo, para os máis festivaleiros comezaron as sesións DJ's que alongaron o festival ate altas horas da madrugada.

Ventos de Rimbarán o Reperkusión 2013
Ventos de Rimbarán o Reperkusión 2013 | Fonte: W.B.
Protesta contra a minaría no Reperkusión 2013
Protesta contra a minaría no Reperkusión 2013 | Fonte: W.B.
O público tomando o sol no Reperkusión 2013
O público tomando o sol no Reperkusión 2013 | Fonte: W.B.
Bocixa coa banda Fura Fura
Bocixa coa banda Fura Fura | Fonte: W.B.
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta