Temas: EMPRESA

Baixan os concursos de acredores e as disolucións durante outubro en Galicia

Construción é o sector máis afectado polos concursos en outubro na comunidade galega, con nove, e comercio o que máis disolucións acumula, 28.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2020 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou en outubro 24 concursos, un 11% menos, e 95 disolucións, que supoñen unha caída do 14%, segundo o estudo de Informa D&B.

Construción é o sector máis afectado polos concursos en outubro na comunidade galega, con nove, e comercio o que máis disolucións acumula, 28. Por provincias, A Coruña suma sete concursos e 41 disolucións, Lugo oito e 17, Ourense tres e nove e Pontevedra seis e 28.

O cinco empresas con maior facturación que iniciaron concurso este mes suman en conxunto 10 millóns de euros e dan traballo a 72 persoas. No caso das disolucións, o vinte con máis vendas facturan 53 millóns de euros e contan con case 1.000 empregados.

Xulgados De Santiago, En Fontiñas. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados De Santiago, En Fontiñas. EUROPA PRESS - Arquivo

Temas: EMPRESA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta