A Xunta pide aos concellos inspeccións intensivas para manter o tope de prazas de pé dos buses

Segundo a orde, a máxima ocupación das prazas de pé dos autobuses é dun sexto das prazas dispoñibles.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2020 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

A Xunta lembrou aos concellos que a nova normativa para tratar de frear a pandemia do coronavirus limita a ocupación das prazas de pé dos autobuses a unha sexta parte das dispoñibles, e ínstaos a realizar inspeccións.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade informa de que esta comunicación a fixo ante as queixas recibidas nos últimos días polo exceso de ocupación dos autobuses urbanos.

En concreto, a Dirección Xeral de Mobilidade remitiu un escrito na tarde deste mércores aos concellos da Coruña, Vigo, Santiago, Ourense e Lugo, responsables dos servizos de transporte urbano nesas cidades, no que apunta "a necesidade de cumprir a limitación de aforamento vixente", de acordo coa orde do pasado día 4 e a súa posterior modificación deste martes 10.

Segundo a dita orde, subliña a consellería, a máxima ocupación das prazas de pé dos autobuses é dun sexto das prazas dispoñibles.

Por tal motivo, a Xunta insta as administracións locais a realizar inspeccións "intensivas" do aforamento nestes medios de transporte, sobre todo en horas punta, para garantir os dereitos e deberes sanitarios da cidadanía.

Protocolo para o transporte público compartido. XUNTA
Protocolo para o transporte público compartido. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta