Críticas a Estrella Galicia por promocionarse en catalán en Barcelona e usar o castelán en Galicia

"Para cando todo en galego na nosa terra?", pregúntanse na rede.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2020 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

Pende a polémica sobre Estrella Galicia logo de que un tuiteiro compartira unha imaxe na que se aprecia unha campaña publicitaria que o autor sitúa en Barcelona. O motivo da lea é que a comunicación comercial da empresa con sede en Galicia está en catalán, mentres que a publicidade da marca na súa terra natal non emprega en absoluto a lingua galega. A cuestión vén de xerar críticas fronte ás cales a marca aínda non se pronunciou.

Imaxe dunha publicidade de Estrella Galicia en Cataluña
Imaxe dunha publicidade de Estrella Galicia en Cataluña | Fonte: Twitter

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 Sentidiño

Son coherentes. En Cataluña, en catalán. Na Coruña, na lingua de La Estrella de Galicia, de La Voz de Galicia, e do Deportivo de LA Coruña: o coruño.