(Vídeo) Uns mariñeiros galegos cortan as súas redes para liberar a un tiburón que quedara atrapado

Aconteceu no Porto do Son.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2020 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

Volven os avistamentos de grandes especies mariñas ás costas galegas. Logo dunha fin de verán cargada de golfiños, candorcas e ata baleas azuis, novembro deixa unha imaxe curiosa gravada a bordo dun pesqueiro. Un tiburón quedou atrapado nas súas redes de pesca. Aconteceu na tarde do pasado xoves en Porto do Son, cando uns mariñeiros estaban a pescar centolas, segundo relatan nun chío de Twitter. 

Tiburón atrapado nunhas redes de pesca no Porto do Son
Tiburón atrapado nunhas redes de pesca no Porto do Son | Fonte: Twitter

O acto dos mariñeiros recibiu mostras de apoio por parte da comunidade tuiteira, entre os cales un usuario identificou ó animal como un cazón, unha especie de quenlla de pequenas dimensións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Sempre Galegos

Deus vos dea sorte na pesca e saúde. Así debemos ser os galegos. Dando exemplo de dignidade.

1 Sentidiño

Deus non existe, nin falta que fai, pero moita sorte e saúde.

2 Sentidiño

E un responso polas pobres das centolas...