A UCI do CHUS volve mobilizarse contra o Sergas malia os servizos mínimos do 100%

Teñen previsto unha concentración para as 12 deste luns.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Prosegue a loita entre o persoal sanitario da UCI de adultos do clínico compostelán e a xerencia. Logo de que Sanidade ordenara manter o 100% dos servizos mínimos -unha taxa que, din os sanitarios, xa estaban a cumprir motu propio- os profesionais da Unidade veñen de convocar unha concentración ás portas do hospital para seguir denunciando as "deficiencias" de Críticos.

Protesta do persoal da UCI do Clínico de Santiago de Compostela
Protesta do persoal da UCI do Clínico de Santiago de Compostela

En concreto, e segundo informan dende CIG-Saúde, a concentración dos sanitarios terá lugar ás 12 do mediodía en fronte da fachada principal. A mobilización do luns marca o inicio dunha folga que, de acordo co mesmo sindicato, será desenvolta de xeito "simbólico". Esta particularidade vén dada polos servizos mínimos do 100% estipulados por Sanidade, pero tamén pola propia iniciativa dos sanitarios; que, segundo puido coñecer GC, xa tomaran esta decisión antes de coñecer a medida da Consellería.

As mobilizacións do persoal sanitario da UCI de adultos xorden en repulsa ás múltiples "deficiencias" que, denuncian, están a ter lugar a unidade de críticos do clínico. De acordo con sanitarios ós que tivo acceso GC, a UCI do CHUS carece aínda a día de hoxe dunha serie de reformas estruturais que foron comprometidas pola xerencia a nivel do mes de xullo. "As obras nin sequeran foron comezadas", destacan dende a CIG. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta