Trasladan pacientes Covid das UCI de Ferrol a Lugo

Fontes médicas falan de "colapso" e desde o Sergas aclaran que só se trata do traslado dun único paciente.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 15/11/2020 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

A área sanitaria de Ferrol decidiu trasladar pacientes da zona UCI do Hospital Arquitecto Marcide cara outras UCI de Galicia, concretamente, ás do Lucus Augusti, da sanitaria de Lugo. Un traslado que, segundo o Sergas, prodúcese para controlar a presión asistencial que se está dando nos últimos días nesta área sanitaria.

Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus
Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus | Fonte: EFE

Con todo, fontes médicas consultadas por GC falan dun "colapso" na Unidade de Coidados Intensivos que descartan desde o Sergas. "Trasladamos só un paciente como medida preventiva", aseguran desde a Xunta en declaracións a Galicia Confidencial.

Neste sentido, descartan que a medida teña que ver cunha situación crítica en Ferrol. "Isto está previsto xa nos protocolos e faise como medida de continxencia, para evitar tensión nas UCI", aseguran. "Non é a única área que o fai, nin será a última", engaden.

As fontes hospitalarias consultadas por GC destacan que a presión na área de Ferrol é "moi alta" desde os últimas días cun gran ingreso de pacientes, tanto en planta como en UCI. Este domingo, e segundo datos oficiais, había 11 persoas ingresadas na UCI do C.H.U. de Ferrol --un máis que a capacidade habitual do centro hospitalario-- e 47 en planta. De feito, segundo os datos achegados pola Consellería de Sanidade este domingo, en Ferrol hai un total de 11 pacientes en UCI, un máis que a capacidade habitual do centro hospitalario.

Cabe lembrar que na primeira onda da pandemia a área Sanitaria utilizara o Hospital Juan Cardona como lugar de hospitalización e para acoller pacientes en UCI, pero nesta segunda optouse por non derivar a doentes de COVID-19 cara a este centro sanitario privado, situado no barrio de Caranza. Desta forma, pódese "manter a actividade ordinaria na medida do posible", o que está a motivar que este hospital privado estea a acoller intervencións e atención a pacientes que habitualmente se realizaban no Arquitecto Marcide.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta