Tres proxectos de investigación da UDC contra a Covid recibirán apoio da Xunta

Os tres proxectos teñen o obxectivo de buscar solucións fronte a crise sanitaria do COVID-19 a través da intelixencia artificial.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/11/2020 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación(GAIN), apoia con máis de medio millón de euros a posta en marcha de tres proxectos dirixidos por investigadores do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña para avanzar na loita contra a COVID-19.

Segundo informa o CITIC, os investigadores principais destes proxectos son Ricardo Cao, Marcos Ortega Hortas e José Santos Reyes. Os tres proxectos teñen o obxectivo de buscar solucións fronte a crise sanitaria do COVID-19 a través da intelixencia artificial.

Á convocatoria da Xunta, segundo explica, presentáronse un total de 39 solicitudes de proxectos, dos que resultaron 15 beneficiarios.

No caso do CITIC, un dos proxectos é 'Ciencia e Enxeñaría de datos para a avaliación, predición poboacional e personalizada da evolución da enfermidade Covid-19'.

Outro é 'Intelixencia Artificial vs.Covid-19: melloras na detección, avaliación e seguimento personalizado dos afectados' e a terceiro 'Predición da estrutura de proteínas de SARS-CoV-2con técnicas de intelixencia artificial'.

Investigador. Laboratorio. MINISTERIO DE CIENCIA - Arquivo
Investigador. Laboratorio. MINISTERIO DE CIENCIA - Arquivo

PLAN DE ACCIÓN DESDE A DIVERSIDADE DA UDC

A Universidade da Coruña (UDC) promove un plan de acción desde a diversidade xunto a entidades sociais, segundo informa o reitorado tras unha reunión con organizacións que colaboran neste programa.

No transcurso da reunión, a vicerreitora do campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, propuxo xerar espazos común coas entidades e a elaboración dun plan de acción conxunta desde a diversidade para fomentar o traballo colaborativo en rede.

Así mesmo, fíxose mención á importancia de educar sobre a saúde mental, a educación para a saúde ou a educación en rutinas e lecer, entre outros temas de benestar psicosocial e de nutrición.

APOIO DA DEPUTACIÓN

Por outra banda, a Deputación da Coruña apoiará con 70.000 euros á Universidade da Coruña (UDC) para o financiamento da programación cultural e de divulgación do coñecemento científico durante o ano 2020.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor da UDC, Xullo Abalde, asinaron este luns o convenio de colaboración entre ambas as entidades acompañados do deputado de Cultura, Xurxo Couto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta