A ministra Calviño di que o Goberno traballa para axudar a hostalaría e comercio á espera dos 'ERTE de rebrote'

Entre as posibles medidas a implementar destacan bonificacións e exoneracións nas cotas á Seguridade Social.

Por E.P. | Madrid | 17/11/2020 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

A vicepresidenta terceira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, afirmou que o Goberno está a traballar para axudar ao sector da hostalaría e comercio, á espera da evolución dos Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTEs) 'de rebrote'.

A vicepresidenta terceira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño
A vicepresidenta terceira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño | Fonte: Europa Press.

Calviño explicou que o Executivo está a analizar as necesidades e circunstancias específicas destes sectores, dous dos máis afectados pola crise do Covid-19, para ver se son precisas medidas adicionais tanto a nivel estatal como autonómico e local, que ten boa parte das compentencias.

A ministra explicou que os distintos ministerios están a traballar en ditas medidas, pendentes dos 'ERTE de rebrote' nestes sectores, para ver como ser eficaz para acompañalos e aporyarlos nas próximas semanas.

O Executivo xa dispón de propostas en firme con medidas económicas, fiscais e financeiras e acelerou a definición deses apoios ao comercio e a restauración, polo que non descarta trocear o plan para aprobar un primeiro balón de osixeno canto antes.

Entre as posibles medidas a implementar destacan bonificacións e exoneracións nas cotas á Seguridade Social, que se sumarán á ampliación de carencia e do prazo de amortización dos créditos ICO, así como accións para poder renegociar os alugueres.

Con estas medidas, o sector hostaleiro, que solicitou axudas directas por valor de 8.500 millóns de euros, tomaría aire para facer fronte á "dramática" situación pola que atravesa debido aos peches impostos para frear a Covid-19 e conseguiría garantir a súa supervivencia.

Os datos que arroxa a crise provocada pola pandemia supuxeron, ata o mes de outubro, o peche 65.000 negocios hostaleiros, a perda de 350.000 postos de traballo e unha caída superior ao 50% da facturación respecto de 2019.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta