Denuncian vertidos de augas residuais na cidade de Ourense

Viaqua asegura que xa está solventado e foi debido a deficiencias nun antigo colector.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 17/11/2020 | Actualizada ás 22:25

Comparte esta noticia

Ecoloxistas denunciaron este martes vertidos de augas residuais ao río Barbaña xunto a Ponte do Milenio, a uns metros do Río Miño, no Concello de Ourense. Estes verquidos procedían da estación de bombeo do Couto.

Vertido de augas residuais ao río Bargaña, en Ourense
Vertido de augas residuais ao río Bargaña, en Ourense | Fonte: remitida

 

En declaracións a Galicia Confidencial, os ecoloxistas criticaron á empresa concesionaria da xestión de augas de Ourense, Viaqua, por esta situación. "Como é posible isto se cada dous meses Viaqua factura de media a cada vivenda uns 3 euros por sumidoiros, verquidos e canon de augas de Galicia (12 euros de media suministro de auga máis xestión vequidos)?", denucian.

 

Pola súa banda, a empresa di que esta avaría xa foi solventada. En declaracións a Galicia Confidencial, fontes de Viaqua din que, unha vez recibido o aviso desta vertedura, persoal desplazouse ao lugar dos feitos para a súa comprobación. "Detectouse que era dun colector antiguo, que deixou fora de uso a Confederación Hidrográfica Miño Sil nas obras que se executaron no ano 2012", indican.  Unha vez inspeccionado, atopouse unha fuga nun dos puntos donde se anulaba dito colector polo que se está procedendo a súa reparación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta