Apelan á transmisión familiar do galego para salvar o idioma

Así o destacaron participantes nunhas xornadas sobre normalización lingüística.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 17/11/2020 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia

Un encontro con persoal técnico dos equipos de normalización lingüística de concellos da provincia coruñesa puxo fin este martes á terceira edición das xornadas "Malas Linguas", promovida pola área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.

O obxectivo do mesmo foi renovar as ferramentas e promover o debate entre o persoal que se dedica á promoción do galego, segundo informa. Nel, entre outras cuestións, apelouse á transmisión familiar e vertical do galego.

"Para nós é fundamental activar a reflexión e o debate sobre a promoción do galego nun encontro que supón non só a análise da situación actual por parte de especialistas senón a actualización de ferramentas e discursos", sinalou a deputada de Normalización Lingüística, María Muíño. A coordinadora das xornadas, Andrea Rico, destacou a relevancia de continuar coas previsións e o feito de adaptar a convocatoria ás actuais condicións sanitarias.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 QUEREMOS, MAS NON NOS DEIXAM

Cantas veces nos madaron falar "en Eggpañó" en Galicia, porque "non entendían" ou porque había que preencher a solicitude "en Eggpañó" (senón non era válida)??? A mim pásame 4 ou 5 veces o día en Galicia.

1 nostrus

Promocionar o galego é darlle cartos a quen ten mais ca nos para que vivan sin rascala. Meus pais e meus "abuelos" foron galegofalantes toda a vida e nunca recibiron un can e o galego non corre perigo de morrer, eso só é un conto de quenes viven do conto. O galego fálase canto a xente quere que se fale....¿por que se ha de falar mais do que a xente quere que se fale?. O galego nunca poderá xogar na liga das grandes linguas porque non ten categoria, así de sinxelo, pero poderá expresar os sentimentos e emocions de quenes queren utilizalo. Moi porriba dos direitos do galego estan os direitos das personas, porque as linguas non teñen direitos e si o galego fora tan imprescindible non faría falta facer pantochadas. Galego SI, pero en liberdade.

1 nas

Hai que ser ignorante para defender que a xente fala o idioma que quere.O de non ter categoría defínite á perfección. Liberdade, vai palabriña tan mal usada...

2 Rubén

Meu deus co galego falante ó que o galego lle importa menos cun peido. Rosalía de Castro xa falou entre bágoas que debido os insultos que recebía por escribir en galego non ía, nunca máis, escribir nesa lingua de desagradecidos. Ata ahí chega o autoodio, ata o noso máximo expoñente creativo. Pois hai que loitar contra esta xente e cando escoitedes este tipo de razoamento increpar a estes galegos de Madrid que renegan do seu e do caracter paleto, que eso é para eles o ser dos galegos.

3 Urco

Ou es a Lago ou es a Pino. En calquera caso es unha persoa desprezábel porque a túa cruzada contra o galego e o nacionalismo de nós só reflexa a catividade da túa negra alma e a alienación da túa pouca materia gris. Das noxo, sexa quen sexas. E venceremos NÓS.

4 Por que non nos respeitan??

Por que "me piden" (e as veces "me obrigan" ) a cambiar para Castellano, sendo a miña Língua OFICIAL EN GALICIA??? Por que NON NOS RESPEITAN??