Trasladado ao hospital un menor tras ser atropelado por un vehículo que se deu á fuga en Silleda

É o segundo incidente deste estilo que ten lugar en dous días.

Por E.P. | VIGO | 19/11/2020 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

Un menor foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) tras ser atropelado por un vehículo que se deu á fuga mentres circulaba en bicicleta polo termo municipal de Silleda.

O servizo do 112 Galicia precisou que foi alertado dos feitos a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao redor das 19,10 horas deste mércores. Deste xeito, o persoal médico detallou ao servizo de atención a emerxencias que un particular atopara ao menor ferido e tendido no asfalto da estrada que une Silleda e Laro, na parroquia de Siador, e explicara que o vehículo implicado deuse a fuga.

Posteriormente, o 112 Galicia puxo estes datos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os Bombeiros de Silleda. Ademais, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 indicou que o mozo fora trasladado a un centro hospitalario como consecuencia do atropelo.

Noutra orde de cousas, un efectivo do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Ortigueira (A Coruña) foi levado ao hospital tras dislocar un ombreiro cando interviña nun operativo activado debido a unha saída de vía.

Control da Garda Civil
Control da Garda Civil | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta