Nove concellos afectados pola praga da pataca poderán volver plantar

Son Cariño, Ortigueira, Neda, Lourenzá, A Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Ribadeo e Valodouro.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/11/2020 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

Nove concellos das provincias de Lugo e A Coruña afectados pola praga da couza guatemalteca poderán volver plantar pataca, segundo acordou a Consellería do Medio Rural. O levantamento da prohibición de plantar este tubérculo en Cariño, Ortigueira, Neda, Lourenzá, A Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Ribadeo e Valodouro foi acordada na última reunión da comisión de seguimento da praga.

As larvas da couza guatemalteca escarvan profundas galerías nas patacas favorecendo que apodrezan
As larvas da couza guatemalteca escarvan profundas galerías nas patacas favorecendo que apodrezan | Fonte: lapatata.es

A medida, que se fará efectiva coa publición da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG), decrétase despois de que non se rexistrou ningunha captura nos dous últimos anos.

Deste xeito, estes nove concellos saen da lista de localidades consideradas como zonas infestadas pola couza guatemalteca e pasan a encadrarse dentro da zona 'tampón', na que se atopan desde principios de 2020 os concellos coruñeses de Ares, Mugardos, Cabanas, Fene, Ferrol, A Capela e As Pontes, e os lugueses de Ourol e Abadín.

Con todo, a plantación de pataca nestas localidades realizarase baixo a vixilancia dos técnicos da Consellería do Medio Rural, que manterán medidas de control para evitar que se reproduzan casos desta praga.

Así mesmo, a comisión de seguimento tamén acordou establecer o 1 de abril de 2021 como data máxima para presentar declaracións de cultivo nas zonas tampón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta