Fernando Vázquez: "A elite política tentou crear unha loita entre galegas, enfrontando a Coruña e Vigo"

"Hai temor por considerar ao fútbol como un referente de unión entre galegos", asegura o adestrador. Pola súa banda, o porteiro Sergio Álvarez cre que a creación da Selección Galega debería incluír o plan de xogar no ámbito internacional.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Fernando Vázquez, quen foi seleccionador na Irmandiña, do Dépor e do Mallorca, está convencido de que o fútbol podía unir aos galegos coma comunidade lingüística e coma país. "A selección galega é un motivo máis para estruturar o país desde dentro, tal como o é a lingua galega", dixo durante unha charla virtual organizada polo Colectivo Nós o pasado xoves e que contou, ademais, coa xogadora Verónica Boquete, co músico e escritor Xurxo Souto e co porteiro celeste Sergio Álvarez. 

Fernando Vázquez, adestrador
Fernando Vázquez, adestrador

O adestrador cre que durante anos a elite política tentou "crear unha loita entre galegas", enfrontando as cidades da Coruña e de Vigo: "Hai temor por considerar ao fútbol como un referente de unión entre galegos". Ademais, sostivo que "o derbi entre o Deportivo e o Celta debe ser un acto de irmandade, non de enfrontamento, que ás veces vén de fóra do fútbol". 

Neste sentido, Sergio Álvarez, porteiro do Celta de Vigo, afirmou que a creación da Selección Galega debería incluír o plan de xogar no ámbito internacional, "puidendo competir contra Seleccións de outros países, e así mostrar a unión dos galegos fóra do ámbito español e fortalecer a ilusión colectiva de xogar ao fútbol xuntos, sexas do Celta, do Deportivo ou do Compostela".

"UNIR" AOS GALEGOS

"O fútbol é algo marabilloso, un ámbito que fomenta moitos valores educativos", sostivo Fernando Vázquez. Xurxo Souto, que compartiu a opinión do adestrador, puntualizou que "o entorno que o rodea é oscuro, xa que as institucións e os pais dos nenos crean rivalidades entre xogadores, cando debería haber un proxecto de cooperación constante". 

Souto foi un dos grandes activistas en defensa da Selección Galega nos anos 90, promovendo a creación dun movemento que xuntou a todos os siareiros do fútbol galego. Durante toda a charla, defendeu que "o fútbol debe servir para unir a todas as galegas e coñecernos máis, sexamos do equipo ou do lugar que sexamos, xa que todas as galegas somos irmás". Por iso, na actualidade, e tras catro anos dende o último partido xogado pola Selección Galega, "a ilusión colectiva está buscando un novo espazo".

O coloquio, que foi un acto de conmemoración polos 15 anos dende o regreso da Selección Galega de fútbol aos terreos de xogo, tivo como fin recuperar o foco de atención sobre a Selección Galega e o seu futuro ante "a pasividade da Federación e das Institucións do país", asegurou Adrián Bravo, do Colectivo NÓS, quen despediu a charla desexando que o coloquio fose "un gran de area sumado ao sentimento de unión das siareiras e que axude a que as Institucións se comprometan a crear unha Selección Galega de Fútbol estable, que é o que demanda a sociedade galega". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Riolo

Lo de utilizar el deporte al servicio de los intereses políticos nacionalistas es viejísimo. Lo hacía el fascismo, lo hacía el nacionalsocialismo, lo hacían los comunistas. Y lo hace el señor Fernando Vazquez junto con el BNG.

1 Amancio

Y lo más granado del columnismo patrio con la selección española, Rioliño, que che esqueceu.

4 Galego de verdade

O localismo é a arma dos nacionalistas espanhois para destruir a GZ.

3 cosmo

É verdade, o localismo en Galicia sempre fedeu a populismo de dereitas.

2 MoinanT

Concordo totalmente. As divisións entre as cidades procuran réditos político-mediático. O que me parece unha soberana parvada é a linguaxe inclusiva do feminino xenérico. É risible ata o vómito. E consigue o efecto contrario do que persigue... Bicos a todxs? XD

1 José

Si señor, Fernando Vázquez di verdades como puños. Calquera que fora a Balaídos, Riazor ou San Lázaro puido comprobar a capacidade de unión e defensa de Galicia que é capaz a conseguir a Irmandiña. Bueno, menos o tal Nostrus, que vai con España..