Dous alumnos da USC e a UDC, gañadores de proxectos fin de carreira sobre mobilidade sustentable e accesible

Con estes traballos ambos os alumnos son os gañadores "ex aequo" do concurso, recibindo cada un deles un diploma acreditativo e un cheque de 3.000 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2020 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

Dous alumnos de universidades galegas foron galardoados co mellor proxecto final de carreira, en área técnica e económica respectivamente, sobre mobilidade sustentable e accesible.

Por unha banda, foi recoñecido o traballo de Lorenzo Vaquero, estudante do 'Máster Universitario en Tecnoloxías de Análises de Datos Masivos: Big Data' na Universidade de Santiago de Compostela.

Co título 'Tracking visual de múltiples obxectos con redes convolucionales profundas', o obxectivo deste proxecto é o seguimento de múltiples obxectos en vídeos xa que posúe un gran interese en multitude de aplicacións como a condución autónoma ou a videovigilancia.

Na categoría de estudos de ADE e Economía, o proxecto de Nerea Casal, estudante do máster en Dirección e Administración de Empresas da Universidade da Coruña, pretende establecer un modelo de negocio ecolóxico na cidade herculina que permita satisfacer as necesidades de mobilidade dos seus cidadáns dunha maneira sustentable a través dunha economía colaborativa, mediante un servizo de préstamo de vehículos 100% eléctricos (carsharing).

Con estes traballos ambos os alumnos son os gañadores "ex aequo" do concurso, recibindo cada un deles un diploma acreditativo e un cheque de 3.000 euros.

Ademais, os departamentos aos que pertencen os seus respectivos titores recibirán 2.000 euros para a compra de material pedagóxico ou de investigación.

Alumnos gañadores. ERNESTO AINAUD
Alumnos gañadores. ERNESTO AINAUD | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta