Concedidas axudas do Goberno aos concellos de Monterrei e Cualedro polas inundacións de 2019

En concreto, as axudas son polos danos na provincia de Ourense debido á treboada de sarabia e inundacións rexistradas o 8 de xullo de 2019.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2020 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou da concesión de 133.694,65 euros aos concellos de Monterrei e Cualedro  polos danos dos fenómenos meteorolóxicos ocorridos en xullo de 2019.

Así o recolle a resolución publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE), pola que se acorda a asignación das subvencións para adoptar medidas urxentes para paliar danos causados por temporais e situacións catastróficas.

En concreto, as axudas son polos danos na provincia de Ourense debido á treboada de sarabia e inundacións rexistradas o 8 de xullo de 2019.

PROTOCOLO CON LEÓN

Por outra banda, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, mantivo este venres unha reunión telemática co seu homólogo na provincia de León, Faustino Sánchez, na que asinaron o protocolo do plan invernal de estradas para a limpeza da vertente leonesa do porto de Pedrafita.

Rodríguez lembrou que o plan provincial de viabilidade invernal inclúe un total de 831 quilómetros de 16 vías que forman a rede de estradas do Estado na provincia, así como a vertente leonesa do porto de Pedrafita.

OUTROS ENCONTROS

Por outra banda, a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu, xunto ao alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, a Xunta Local de Seguridade desta localidade, na que se analizaron os datos sobre infraccións penais, cunha cifra de 0,2 por mil habitantes.

Mentres, a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, abordou co alcalde de Arzúa, José Luís García, diversas iniciativas para mellorar a seguridade viaria neste concello.

Enchenta en Albarellos ( Monterrei) tras a crecida do río polas fortes chuvias e treboadas do verán
Enchenta en Albarellos ( Monterrei) tras a crecida do río polas fortes chuvias e treboadas do verán | Fonte: Diario do Támega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta