Identificadas 599 persoas e 59 denunciadas en controis das restricións durante a fin de semana

Houbo 117 operativos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/11/2020 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

Un total de 599 persoas foron identificadas e 59 denunciadas en 139 inspeccións levadas a cabo por axentes da Policía Autonómica durante o fin de semana en Galicia co obxectivo de velar polo cumprimento das medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19. Segundo informou a Vicepresidencia da Xunta, estas inspeccións realizáronse no marco de 117 operativos realizados durante os días 21 e 22 de novembro.

Varios axentes de Policía Nacional dan o alto a un vehículo nun control de mobilidade na parroquia do Castiñeiriño (Santiago de Compostela)
Varios axentes de Policía Nacional dan o alto a un vehículo nun control de mobilidade na parroquia do Castiñeiriño (Santiago de Compostela) | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

Do total, 54 inspeccións foron efectuadas en concellos da provincia da Coruña como Ames, A Coruña, Noia e Santiago de Compostela. Nelas identificouse a 33 persoas e tramitáronse 29 actas de infracción, tal e como detallou a Delegación Territorial da Xunta na Coruña.

Pola súa banda, a Delegación da Xunta en Pontevedra detallou que outras 38 inspeccións tiveron lugar en 10 municipios desta provincia, nos que se identificou a 359 persoas e tramitáronse tres denuncias.

En concreto os dispositivos puxéronse en marcha en Baiona, O Grove, Marín, Mos, Nigrán, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Sanxenxo e Vigo.

Durante estas actuacións, os axentes comprobaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos cumpríanse as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforamento e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta